A homenaxe ós Martires de Sobredo, en Guillarei (Tui), contou onte coas verbas do profesor, poeta, escritor e crítico literario Xosé María Álvarez Cáccamo, que suliñou a importancia da memoria "para construir o presente e proxectar o futuro", dixo, referíndose ás mortes dos tres labregos Cándida Rodríguez, de Pazos; Joaquín Estévez Besada, de Soutelo; e Venancio González Romero, de Budiño, que foron asasinados o 27 de novembro de 1922 pola forza pública, cando se manifestaban en contra do pago dos foros; un feito que tivo repercusión a nivel nacional. Nesta mesma liña, Álvarez Cáccamo considerou ós tres veciños como "víctimas da historia; as que existiron secularmente" baixo o asoballamento dos poderosos".

No contexto do seu discurso, actualizou a situación e dixo que "a xente, en xeral, está sendo víctima dese poder omnímodo e cruel que non repara nos demáis". Considera que hoxe é descarado ese feito e afirmou que "os responsables da crise mundial deberían estar na cárcere".

O acto organizado pola Confederación Galega de Asociaciójs Veciñais "Rosalía de Castro" e a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, contou cunha numerosa asistencia, entre ela membros da asamblea local de Galiza Nova de Tui e membros das corporación municipais dos Concellos da contorna, rematando coa ofrenda floral e o canto do himno galego.