20 de junio de 2009
20.06.2009
Agustín Fernández Paz - Premio Nacional de Literatura Infantil

"Faríanme falta varias vidas para relatar as historias que quero"

Paz retrata a dor dunha nena inmigrante na súa última obra

19.06.2009 | 23:54
Agustín Fernández Paz coa súa última obra.

Tralo éxito de O único que queda é o amor, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2008, Agustín Fernández Paz retornou á súa liturxia de papeis amarelos para escribir. Desta vez, unha nena de dez anos vida de Senegal a Vigo e de nome Khoedi plantexa a dor do desarraigo dos inmigrantes en Galicia, o espazo que ela e outros personaxes califican como "o país das ausencias". A escasas horas de ser homenaxeado como "O escritor na súa terra" pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, Fernández Paz profundiza sobre a súa última obra, Lúa de Senegal (editado por Xerais e que conta con belísimas ilustracións de Marina Seoane).
–Lúa do Senegal, un título ao que se fai referencia case en cada páxina do libro e mesmo no ritmo de narración.
–É un título que me veu pronto á cabeza cando me metín na historia. Á protagonista, cando chega a Vigo, todo lle parece dististo. O único que recoñece como igual é a lúa que brilla pola noite; ese é o leitmotif que marca paso de tempo. A lúa serve de conexión coa realidade que deixou e a que se atopou. Ademais, a lúa marca tamén o ritmo da narración ao seguir as súas fases tomandas de tres meses do ano pasado.
–Onde comezou a tirar do fío para esta obra?
– Os libros case nunca xorden dun único fío. Recordo do meu caderno de notas a primeira imaxe que anotei sobre un emigrante, non sei de que nacionalidade, de pel negra, traballando no andamio dunha obra. Chamoume a atención. Había tempo que quería abordar o tema da inmigración e apetecíame contalo en forma de historia. Todo acabou plasmándose neste libro.
–Á parte dese obreiro, houbo outros africanos que lle serviron de luz para a narración?
– Non cheguei a coñecer a ningún porque, en realidade, a documentación que conseguín foi amplísima a partir de libros e recortes de prensa que me foron suficientes. Eu o que quería contar realmente era o tema da emigración e escollín Senegal porque parecía atractivo. Tamén falei cunha profesora que estivo cunha ONG na zona e que me deixoume ver centos de fotos.
–Conseguir o Premio Nacional de Literatura Infantil supón un listón alto que acaba pesando á hora de crear...
–-Non. A novela é unha carreira na que sempre che pesan as careiras que fixeches antes. Escribir un libro é un novo reto, non inflúen os libros anteriores nin sentes ese peso.. Si sentes unha seguridade que é relativa. Esta novela acabou quedando do meu gusto, pero deume quebaradeiros de cabeza.
– O medo ao folio en branco, ¿existe para vostede?
–No meu caso, faríanme falta varias vidas para contar as historias que quero contar. O gran traballo é que as cousas nunca saen á primeira. Chegar á escritura que eu fago, na que busco que o lector se meta nela con sinxeleza, esixe moitos borradores. O medo é cando na primeira redacción ves cousas que están moi verdes e tes que traballalas unha e outra vez, o que finalmente leva meses.
– Falemos de creación. Vostede, como Isabel Allende, elixe un día do ano para iniciar as súas obras e segue unha liturxia determinada?
–Máis ca unha liturxia son manías. O borrador cero sempre o fago a man; sempre o fago en cadernos de follas amarelas. É unha teima, unha superstición. Atópome a gusto neses cadernos de follas especiais; escribo máis a gusto neles. É algo irracional.
– Que opina de fenómenos literarios como Millennium?
–Vexo cousas diferentes. Por un lado, espero tela eu porque sígoo desde o primeiro volume e porque son un afeccionado á novela negra. Lino case sen parar cando aínda estaba lonxe o efecto mediático que chegou despois. Ese efecto sucede a veces; sabes que non sempre é paralelo ás virtudes do libro, pero no caso das obras de Stieg Larsson, paréceme estupendo.
– Este tipo de fenómenos vívese con máis cautela cos autores españois.
–Algunhas veces, hai libros que se promocionan que non chegan a nada ou practicamente nada. Son libros baleiros; pero cando se xunta promoción e un texto de calidade é obvio que ten o éxito e merecido.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook