11 de julio de 2008
11.07.2008

Invocando ás meigas no escenario

O Teatro Arte Livre de Vigo estrea esta noite unha
adaptación en galego do clásico de Arthur Miller

11.07.2008 | 14:11
Algunas de las alumnas que actúan en la obra "As bruxas de Salem".

A penumbra cúbreo todo, da oscuridade xorde un sonido atronador que fai tremer a sala do Teatro Arte Livre e, de repente, no escenario dun tétrico bosque, aparecen varias rapazas danzando como se estivesen posuídas polo diaño. Así, deste xeito tan contundente, o público introdúcese de cheo na obra teatral "As bruxas de Salem", do Premio Pulitzer Arthur Miller, represéntase hoxe por primeira vez en Galicia e en lingua galega polos alumnos do T.A.L.

Eisenhower Moreno, un dos propietarios da sala, situada na rúa Vázquez Varela de Vigo, Cordovani, afirma que se decantaron por esta obra porque "é un clásico" e "ten unha temática moderna moi relacionada con Galicia", coñecida por ser unha ´terra de meigas´. A forte presenza da relixión, a inocencia como elemento de crenza absoluta ou a mentira fatídica, son outros dos conceptos presentes no escenario.

A representación de "As bruxas de Salem" supón, ademais, o o colofón ao ´I Curso de formación teatral´ que ofreceu por primeira vez este ano o Teatro Arte Livre nas súas instalacións. Durante tres meses, os alumnos da escola traballaron duramente para interiorizar os seus papeis, plasmando de xeito fantástico a súa dedicación no escenario. O espectáculo conta tamén coa colaboración especial do copropietario do teatro, Roberto Cordovani, que interpreta de xeito maxistral á personaxe de John Proctor.

Eisenhower afirma que o espectáculo é "un grande desafío para os actores" xa que a maioría é o primeiro contacto que teñen co mundo do teatro.

Ademais dos intérpretes, o que lle otorga calidade á representacion é a posta en escea, sobre todo a iluminación, coidada de forma minuciosa.

A obra, non aconsellada para público infantil, estréase hoxe ás 22.00 horas e permanecerá en cartel até o vinderio 3 de agosto no Teatro Arte Livre.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook