A o igual que no 2003, o Teatro Principal de Santiago acolle hoxe a festa do 15 aniversario de Fía na Roca. Todo está preparado para gravar en directo, alí, a partir das 21.00 horas, o DVD "Quince maios". O grupo segue a experimentar, a dar reviravoltas con Sonia Lebedynski á voz da súas interpretacións e desta entrevista.

- Luar na Lubre e Milladoiro xa pasan abondo dos 15 anos que cumpren vostedes, cousa difícil cumprilos, nonsí?

- Grazas a toda a xente que pasou e grazas aos que estamos hoxe, Fía na Roca é o que é hoxe. Esta celebración é especial porque celebramos 15 anos xuntos, algo moi complicado nos grupos porque o complicado non é tocar nin cantar senon ser amigos e continuar xuntos.

- Por que gravar un DVD dun directo polos 15 anos?

- Xa celebraramos os dez anos do grupo en directo. Desta volta, que mellor maneira que estar en Compostela e gravar un dvd en directo, pensado para mostrar á xente o directo que fai o grupo totalmente natural e que pode ver calquera persoa en calquera lugar. O que queremos é plasmar a identidadetan singular do grupo. Ademais, terá varios extras como a actuación no Festival de Ortigueira o día 12.

- Para cando estará á venda?

- Aínda non hai data fixada, porque dependemos un pouco da axenda, de cando gravemos os recursos, as entrevistas dos extras. Supoño que estará para o primeiro trimestre do ano.

- Volta a Ortigueira onde levaban sen tocar sete anos, Contentos, supoño.

- Si, porque Ortigueira, para todos os membros do grupo ten un significado especial xa que sempre formamos parte do festival como público ou como grupo; é o máximo expoñente, por iso, é moi importante estar nel.

- Haberá xira nutrida para celebrar os 15 anos?

- Tras Ortigueira, tocaremos na Carballeira de Zas o día 2 de agosto, pero antes estaremos de xira por Sudamérica o 19 xullo, en Arxentina, Uruguai e Brasil.

- Van chamados polos centros galegos...

- Non en todos o sitios. Por exemplo, en Uruguai, imos estar no Teatro Solís que é o máis emblemático de Montevideo. En Brasil, actuaremos porque nos viron na web e gustoulles.

- Imaxino que terán unas ganas tolas de marchar.

- É a nosa primeira xira por Sudamérica e é un sitio ao que tiñamos moitas ganas de ir, porque sabiamos de compañeiros que a música galega ten moi boa acollida. Todos os anos temos saídas fóra de Galicia. O anterior, por exemplo, estiveramos en Alemania e na Bretaña francesa. Sudamérica é o que nos queda por conquistar.