Á hora de programar unha viaxe, non só se debe pensar na restauración e hostelería. A saúde tamén debe ser un punto importante. Víctor del Campo, xefe de sección de Medicina Preventiva do Hospital Meixoeiro de Vigo, explica porqué.

- Ata maio, as vacinacións máis frecuentes suministráronse contra a hepatite A e B, a febre tifoidea e a febre amarela. Por que estas e non outras doenzas?

- O problema da hepatite A é que é unha das enfermidades de maior extensión. Trátase dunha doenza que cando se pasa de neno é bastante benigna mentras que de adulto é bastante grave. No caso da febre amerela, houbo un brote en varios países como Brasil, Bolivia, Arxentina e Paraguai. Vigo e Galicia teñen unha comunidade latinoamericana importante deste países que viaxan con frecuencia ata alí.

- Que procedemento se segue nos centros de vacinación internacional?

- O certo é que moitas veces o que facemos nos centros é un recordatorio das vacinas que normalmente teñen que ter adultos e rapaces que viven no noso país. Estamos acostumados a tomar medidas preventivas para rapaces esquecéndonos dos maiores.

- Hai algunha táboa que a priori sinale cantas vacinas debe levar un cidadán a un país determinado?

- Ata que non vexa a qué persona teño diante, as características da súa saúde, a súa predisposición a sufrir certas doenzas, o seu historial de vacinación... non o podo saber, aínda que hai determinadas vacinas que se piden para cruzar a fronteira dun país.

- Por exemplo.

- Para entrar en determinados países de África e na Guaiana francesa -xunto a Brasil- tes que estar vacinado de febre amarela. En Arabia Saudí, en función do país dos viaxeiros, teñen que estar vacinados contra o meningococo ou contra a poliomilite.

- Cada vez viaxamos máis pero estamos cada vez máis concienciados respecto das vacinacións?

- España está entre os países máis receptores e produtores de viaxeiros do mundo e está demostrado que menos do 40% toma precaucións á hora de tomar viaxes. Moitas veces o disfrute das vacacións pode truncarse por descoñecemento.