Cesáreo Sánchez Iglesias entende que na visibilidade da literatura en galego e naqueles que a fan xogar un papel fundamental figura o ensino, e neste senso afirmou que é necesario integrar os escritores nos centros de educación, una tarefa na que a Administración ten que implicarse tamén. "Nós facemos cos escritores uns 35 ou 40 obradoiros de creación literaria en colexios de toda Galicia, pero deberiamos chegar a máis", comentou o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Neste senso, engadiu que achegar a literatura en galego aos escolares é a forma de traballar nos lectores, o que xenerará demanda editorial.

Respecto á edición, o presidente da AELG recoñeceu que mellorou moito e que pasou de ser en moitas ocasións proxectos persoais a verdadeiras empresas, polo que afronta o futuro con optimismo.

"Nós que partimos dunha situación moito peor, calquera avance o recibimos con ledicia, aínda que quedan moitas cousas por facer", asegurou.

Para defender os dereitos dos escritores en lingua galega naceu, xunto coa democracia, a asociación galega que preside. "Os propósitos da nosa asociación eran e son defender os escritores e tamén o noso instrumento, que é o idioma", aseverou.

Asemesmo, Galeusca, que agora adquirirá a entidad de federación, retomou os encontros que se celebraban durante a II República entre autores das tres linguas.