Abrígate transcorre na súa meirande parte en interiores. Sen embargo, as tomas exteriores que se mostran son realmente fermosas.

- A película foi, fundamentalmente rodada en Betanzos, que foi onde gravei eu. O reino de Adela (o personaxe de Bouzas) tena unha perruquería para a que se construíu un decorado no casco vello que ten esa mistura curiosa e rara de edificios de pedra e dalgún retallo moderno. En Lleida, cando se proxectou a película, a xente dicía cando vían a barca polo río:"¡pero se fostes rodar ao Amazonas!". Nós respondiámoslles que era o río Mandeo, de Betanzos, en Galicia, que sae espectacular. A verdade é que alí todo foron facilidades. Rodamos no 2006 e pasamos moita calor, estabamos abafados.

- En "Unha muller invisible", daba vida a unha persoa sen aureola, alo menos, nun inicio. O personaxe en "Abrígate", sen embargo, está moi seguro de sí mesmo.

- Está de volta de moitas cousas; é unha muller madura e moi acolledora así como serena que xa atopou un equilibrio interno. Tamén é irónica, unha nai solteira que está afeita a resolver a propia vida como a inmensa maioría das mulleres solteiras e casadas. Non vive desasosegada pola falta dun amor. Cando aparece o pai da protagonista, namórase del pero móstrase serena.

- Gustoume a filosofía de vida que mostra.

- Si, cando lle di á protagonista que só hai unha maneira de seguir adiante, a continuación engade que ninguén sabe cal él porque o mellor é seguir adiante porque cada quen ten o seu.

- Que supón este filme para na súa traxectoria?

- Foi moi enriquecedor traballar con actores e actrices do outro lado do Atlántico e comprobar que a linguaxe do actor é universal. Dá igual de onde veñamos porque manexamos un código común para conseguir conmover. Javier Lombardo (do que se namora o seu personaxe) é unha barbaridade de actor e corroborou que os grandes actores son moi xeneros á hora de traballar con eles, porque facilitan o traballo.

- Pensa en volver a optar a presidenta da Academia Galega do Audiovisual?

- As próximas eleccións serán dentro dun ano para renovar un equipo de dez persoas. Eu creo que sempre é moi san a renovación. A Academia absorbe moito e necesita unha renovación de ideas e de todo.

- Que lle aporta "Noite de Reis" co Centro Dramático Galego?

- Supuxo atoparme coas bases. Ao teatro sempre preciso volver. Cando se estreou a obra, había sete anos que non facía teatro e agora imos levala ao Festival de Teatro Clásico de Almagro e ao de Braga.