23 de abril de 2008
23.04.2008

Actividades complementarias recordan ao escritor galego

22.04.2008 | 04:22

Ademais da exposición, a Casa Galega da Cultura acolle unha serie de actividades paralelas. Hoxe ás 20.00 horas, Darío Xohán Cabana abrirá un ciclo de conferencias coa súa intervención "A miña lembranza de Xosé María Álvarez Blázquez", e os fillos do poeta tudense ofrecerán un recital poético con "As palabras do pai". Sabino Torres, Víctor Freixanes e Pilar Barciela tamén intervirán en diferentes conferencias. Para achegar a importancia da figura do escritor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas, haberá obradoiros de cantigas medievais galegas para alumnado de Primaria e ESO. O Museo Quiñones de León acollerá dende o 16 de maio a exposición "Xosé María Álvarez Blázquez, arqueólogo de Vigo".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
Enlaces recomendados: Premios Cine