No programa de literatura da TVG, "Libro aberto", presentado por Manolo Romón, a entrevista do día é co debuxante de cómic e ilustrador vigués Jacobo Fernández, pola edición de "Aventuras de Cacauequi" (El Patito Editorial), obra coa que gañou a última edición do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña.

Haberá tamén unha reportaxe sobre o xénero da novela gráfica, con intervencións de Miguelanxo Prado e Carlos Portela.