Tras facer rir e lograr dous Premios María Casares con Tartufo; despois da excelente revisión de Misericordia de Galdós, Teatro de Ningures afronta un reto que levagba buscando desde hai tempo: tratar a emigración. O soño cúmprese con Emigrados, a última peza desta compañía que se mostrará hoxe e mañá a partir das 20:30 horas no Auditorio do Concello.

"Podes sobrevivir fóra do teu lugar pero é difícil. Iso é que lles acontece aos personaxes" da obra, sinala Casilda García, actriz en Emigrados xunto a Sonia Rúa, Salvador del Río, Fran Paredes, Santiago Cortegoso e Mónica Camaño. Dirixidos por Etelvino Vázquerz, poñen en escea esta peza con textos de Anxos Sumai, Cándido Pazó, Xosé Manuel Pazos, Sonia Torre e Suso de Toro. "Son cinco autores -explica García- aos que lles pedimos a súa visión sobre a emigración para, a partir deles, facer unha dramaturxia" que lle correspondeu a Etelvino Vázquez e Xosé Manuel Pazos.

O punto de partida da obra é o texto de Sonia Torere no que se ofrece a visión ue teñen os nenos da emigración, do desarraigo, a través dos monólogos de diferentes personaxes. Trátase duninicio que procura "descolocar" ao espectador na butaca a medida qeu vai coñecendo aos personaxes, os seus lamentos, as súas vidas e o seu humor. "A un espectáculo para ser vivo pídeselle que te faga rir, que te faga chorrar e iso conséguese nesta obra", apunta a actriz Sonia Rúa.

Tralo comezo, vanse sucedendo os restantes textos cuxa columna vertebral endereita a conversa de dous personaxes nun encoro que, a través das súas verbas, "dos seus recordos de nenos" convidan ao espectador a cavilar "sobre nós mesmos, sobre o noso pasado, par comprender o noso presente", sinala Casilda García.

A compañía resalta que se ben "estamos a falar dun drama social, aínda así, queremos trasladalo dende a axilidade da linguaxe contemporánea, dende a ironía como o vehículo de expresión e sobre todo desde a cercanía a calquera espectador contemporáneo".