farodevigo.es »

WebCams en Pontevedra


 
A Coruña
Cámara web fixa situada nun dos edificios máis altos da cidade desde onde se albisca a enseada do Orzán rodeada polo paseo marítimo. Na parte superior da imaxe obsérvase a Casa do Home e ao lonxe pódese ver a entrada da ría da Coruña, con Ares ao fondo.
  A Coruña
Cámara web móbil situada nun dos edificios máis altos da cidade desde onde se observan os portos pesqueiro e deportivo, o paseo marítimo, as praias de Riazor e do Orzán, o Obelisco Millennium, a Torre de Hércules, os xardíns de Méndez Núñez e algunhas rúas do centro.
 
Santiago de Compostela
Esta cámara amosa a nave lateral da Catedral, a zona pola que se despraza o Botafumeiro, un xigantesco incensario empregado nas solemnidades relixiosas. Ao fondo da imaxe aparece a porta norte que dá acceso á Praza da Acibechería.
  Santiago de Compostela
Cámara web situada no lateral dereito da nave central da Catedral de Santiago de Compostela. A imaxe amosa a Capela Maior e ao fondo o Altar Maior co busto de Santiago. Esta figura, repuxada en prata por Montaos no século XVIII, é a que abrazan os peregrinos. Debaixo do Altar Maior están gardadas as reliquias do Apóstolo nunha urna de prata.


 
Monte Pedroso
Cámara web situada no monte Pedroso. A imaxe anóvase cada trinta segundos e ofrece unha panorámica de Santiago de Compostela na que destacan as torres da Catedral.

  Ortigueira
Cámara web situada na Alameda, ao carón do Centro Social. Desde esta posición albíscase a ría de Ortigueira, o paseo marítimo, o porto deportivo, os xardíns e parte do centro urbano da vila.
 
Praza da Quintana
Cámara web colocada na Casa da Parra, edificio de finais do século XVIII.



  Praza das Platerías
Cámara web situada na Casa do Deán, na Rúa do Vilar. Esta edificación, do século XVIII, acolle hoxe en día a Oficina do Peregrino. A imaxe ofrece unha visión da fachada románica de Praterías, unha das portas de entrada máis sobranceiras da catedral.
 
Santiago de Compostela
Cámara Web situada nunha balconada do Pazo de Raxoi, sede da Presidencia da Xunta de Galicia e do Concello. Á esquerda da imaxe vese o Hostal dos Reis Católicos, á fronte a fachada do Obradoiro da Catedral e á dereita o Colexio de San Xerome.
   


MÁS WEBCAMS
  • Pontevedra
  • Ourense
  • Lugo

  • Servicio ofrecido por

    Compañía de Radio/Televisión de Galicia