farodevigo.es »

Penúltimos en lectura
 02:25  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Manuel Bragado
Por moito que se pretenda vestir o santo, os datos do barómetro sobre hábitos de lectura e compra de libros de 2007, elaborado pola Federación de Gremios de editores de España, son contundentes: Galicia ocupa o penúltimo lugar entre todas as CC.AA. no referido ao número de lectores. Unha posición, da que non podemos fachendear, moi afastada da que nos correspondería (seguramente, preto da metade da táboa) polo noso nivel de renda per cápita dispoñible.
Non podemos esquecer que os hábitos de lectura e de compra de libros son considerados internacionalmente como os referentes máis fiables para comparar o desenvolvemento cultural e educativo de cada sociedade, razón pola que lonxe da autocomplacencia irónica, os datos deste moi concienciudo barómetro referidos a Galicia deberían constituír unha serie chamada de atención para os responsables das nosas políticas culturais e educativas. Algo se leva facendo mal, ou non se está facendo na cuestión da lectura en Galicia, para que nos últimos cinco anos, a pesar de ter aprobada unha "Lei do Libro e a Lectura" e mudar a orientación do seu goberno durante este período, non mellorara as súas posicións, nin en termos absolutos nin tampouco en relativos, sobre tan decisiva cuestión. En 2007 o 51,2% dos galegos maiores de catorce anos declarábanse como lectores (persoas que polo menos len un libro algunha vez ao trimestre), moi lonxe da media estatal do 56,9%; porén, o que semella máis preocupante é que esta porcentaxe diminuíu no caso galego case dous puntos con respecto ao ano anterior, mentres que a nivel do estado aumentou case en punto e medio. Outrosí sucede coa compra de libros, onde, se excluímos a adquisición de libros de texto (por outra banda, gratuítos na educación obrigatoria), Galicia ocupa, xa sen paliativos, a derradeira posición: apenas un 39% dos galegos declara ter comprado algún libro durante 2007, fronte ao 44% da media estatal. O barómetro proporciona, ademais, outras informacións sobre o noso comportamento como lectores, sendo moi significativos os datos de que o 56,4% dos nosos lectores len tamén en galego e que o 10% dos libros non de texto mercados o son en galego.
Ben sei que as mudanzas en cuestión de hábitos de lectura se producen moi amodiño, mais estou convencido que en Galicia tamén é posible intentar mudar tendencias tan negativas (que en caso ningún deben ser consideradas como fatalidades irreversibles froito da nosa identidade complexa) e aproveitar como unha oportunidade a encrucillada que enfronta actualmente o sector internacional do libro e do conxunto da comunicación impresa: a revolución da dixitalización sobre a lectura. Vivimos un momento decisivo, paradoxalmente apaixonante, onde os soportes impresos tradicionais (os libros, os xornais ou as revistas) serán substituídos, máis cedo ou máis tarde, polo contido e os soportes móbiles de lectura electrónicos, que requirirán dun lector moito máis experto e mellor formado que o actual. Considerada así, a cuestión da lectura, máis alá de continuar sendo un hábito socialmente saudable para o crecemento persoal (o 87% dos lectores declaran que len como unha das súas actividades preferidas de lecer), transfórmase ademais nun factor clave para o desenvolvemento económico e para a cohesión de cada sociedade.
Enfrontar con garantías este reto obriga a considerar como unha prioridade política o fomento da lectura en todas as idades (non só nos períodos da educación obrigatoria), en todos os seus soportes (analóxicos e dixitais) e en todos os seus formatos (literarios, informativos...). E isto, até agora, a pesar dalgúns esforzos illados moi notables -como o programa de bibliotecas escolares da Consellaría de Educación, o pulo dos clubes de lectura ou as iniciativas locais de fomento da lectura desenvolvidas por concellos comos os de Carballo ou Porrriño ou pola rede bibliotecaria municipal da Coruña- non se acometeu con toda a enerxía e a convicción que o problema require. Se pretendemos aumentar os fracos índices de lectura en Galicia é imprescindible unha mobilización lectora do conxunto das administracións públicas, dos axentes do sector do libro, dos medios de comunicación, das fundacións financieiras, das empresas privadas e do conxunto do tecido asociativo. No obstante, o Goberno Galego ten a responsabilidade ineludible de encabezar esta mobilización, asumindo o fomento da lectura como o eixo transversal de todas as súas políticas culturais, educativas, de innovación e de igualdade, vinculándoas, ademais, coas de alfabetización informacional e normalización lingüística. Declarar o vindeiro 2009 como "Ano da lectura" podería abrir un vieiro para abandonar os postos de cola en hábitos lectores onde desgraciadamente continuamos.
bretemas@gmail.com
COMPARTIR
 

Empleos

Comercial de tienda

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 18.000
ver más

Asesor Inmobiliario

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: 250.000
ver más

TÉCNICOS MANTENIMIENTO AEROGENERADORES PONTEVEDRA

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

Soldador/a

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: 18
ver más

Coches

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puer

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puertas, Gasolina, transmisiver más

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas,

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas, Gasolina, transmisión maver más

Venta de pisos

Casa en venta con 170 m2, 3 dormitorios en

Casa, independiente con 170 m2, a reformar, 3 dorm, 1 baños, cocina nover más

Piso en venta con 150 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 150 m2, buen estado, 4 dorm, 3 baños, 2 plaza(s) de garaje,ver más

Piso en venta con 105 m2, 3 dormitorios en Zona

Piso, con 105 m2, 3 dorm, 1 aseo(s), 1 baños, .Vendemos amplio piso, próximover más

Piso en venta con 53 m2, 1 dormitorios en

Piso, con 53 m2, Semi nuevo, 1 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 1ver más

Piso en venta con 102 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 102 m2, Buen estado, 4 dorm, 2 baños, 1 armario(s) empotrado(s),ver más