farodevigo.es »

Do deus Momo aos merdeiros
 01:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Manuel Bragado
Hoxe domingo de Entroido rúan todas as máscaras galegas, dende os peliqueiros de Laza, os cigarróns de Verín, os pantallas de Xinzo, os felos de Maceda e Maside, os troiteiros de Bande, as damas e os xigantes de Entrimo, os foliós de Manzaneda e Viana do Bolo, os irrios de Castro Caldelas, os bobos de Beariz, os charrúas de Allariz, os labardeiros de Toén, os fargalleiros e zamarreiros de Valdeorras, os farricoques de Nogueira de Ramuín; pasando polos zalapastráns, os espantallos, os marafois das terras do Bierzo, os volantes de Chantada, os gamachiños ou demachines e zarralleiros das Mariñas, os folequeiros da Corda lucense, os choqueiros da Arousa; até os elegantes correos e xenerais da ribeira do Ulla, os momadas e lanceros de Cotabade e as madamas e galáns de San Hadrián e Santa Cristina de Cobres.
Trabucaríamonos se pensamos que o Entroido galego é unha festa tradicional exclusiva da cultura agraria. Existe, tamén, co mesmo pulo en Galicia un carnaval urbano, de tradición italiana, no que se realiza un culto ao bonito en lugar do grotesco e irreverente, onde as modestas comitivas de aldea se substitúen polos elegantes desfiles de carrozas e comparsas e onde, en definitiva, o espectáculo e a exhibición fastuosa ocupa o lugar da espontaneidade das pequenas comunidades agrarias. Este foi, tamén, o caso do Carnaval vigués dende hai máis de cento trinta anos, data da que temos as primeiras noticias impresas da súa celebración, coincidindo co emerxer dunha pequena vila mariñeira, arremuiñada sobre un porto corsario e mariñeiro, que dende entón se foi transformando na punxente cidade industrial que coñecemos.
Lisardo Barreiro dá conta no seu libro "Esbozo y siluetas de un viaje por Galicia" do desenvolvemento do programa do Carnaval vigués de 1877: "En poucas cidades rendirase culto tan afervoado ao deus da risa e a loucura, como na encantadora cidade de Vigo. Mais non se festexa o Carnaval alí como adoito acontece en moitos pobos, usando a frase chocarreira e malsoante, o chiste de pouco gusto e os máis estrambóticos atavíos dunha indumentaria zarapastreira. O Carnaval alí tómase en serio, e as brincadeiras e as mascaradas resultan verdades como templos, [...] segundo o dicir vulgar, como críticas aceiradas e intencionadas dos nosos políticos. Neste sentido, a festa de carnestolendas na `perla dos mares´ (sic) exerce unha benéfica e relativa influencia no progreso...".
Aquel Carnaval vigués de 1877 era organizado pola chamada "Sociedade Carnavalesca", unha entidade privada encargada de preparar os desfiles dunha grande Comparsa o domingo e o martes de entroido. O Campo de Granada (ao pé do castelo de San Sebastián, hoxe Casa do Concello), onde estaba colocado un grande arco de triunfo, era o punto de saída dunha comitiva, que baixaba pola rúa do Pracer, seguía por Príncipe, a rúa do Ramal (hoxe Colón) e Vitoria, para chegar á Alameda, onde nun gran catafalco agardaba o deus "Momo", o rei do carnaval vigués, "olimpicamente embutido na monstruosa boca dun dragón", acompañado da súa corte de damas e demos. Abrían semellante Comparsa esmorgueira "cinco magníficos guerreiros armados de punta en branco até os dentes e montando soberbios alazáns, perfectamente engaldrapados", tras dos que aparecían catro trompeteiros de guerra dacabalo, unha banda de música de "pomponets" e un grande estandarte onde se podía ler "Ao noso magnífico e Poderoso Señor Deus Momo". A continuación, desfilaban os deuses do Olimpo, "un grupo precioso formado por doce personaxes que en cadanseu carro, ricamente adornado, representarán os deuses mitolóxicos-bufos, pola orde seguinte: Orfeo, Esculapio, Saturno, Minerva, Apolo, Mercurio, Baco, Neptuno, Marte, Cupido, Venus e Xúpiter. Este grupo chamará a atención dos máis esixentes, en canto ao exquisito gusto e riqueza dos seus lindísimos traxes", apunta con ironía o cronista Lisardo Barreiro. Pechaban a marcha maceiros, cabaleiros e guerreiros, todos dacabalo, que conformaban o impresionante séquito do Deus Momo.
Aquel Carnaval tradicional vigués do "espazoso Campo de Granada", onde o martes ao mediodía os membros dos diferentes "escuadrónas" da Comparsa "corrían a sortella" (un xogo de habilidade), e dos solpores da Alameda, na que se celebraban os bailes, serenatas e a cerimonia do enterro da sardiña, recúperase este anocoa volta dos desfiles á Alameda. Un grande acerto da Concellaría de Festas, como tamén o é a consolidación irreversible da aparición dos "merdeiros", a máscara tradicional dos escabicheiros do Berbés (da que tantas veces temos falado nesta sección), da man da Asociación Cultural A Revolta. Que gocen, pois, o mellor que saiban e queiran da entroidada viguesa! Protéxennos as luces do deus Momo e o espírito revolcado dos merdeiros.
bretemas@gmail.com
COMPARTIR
 

Empleos

Comercial de tienda

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 18.000
ver más

Asesor Inmobiliario

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: 250.000
ver más

TÉCNICOS MANTENIMIENTO AEROGENERADORES PONTEVEDRA

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

Soldador/a

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: 18
ver más

Coches

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puer

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puertas, Gasolina, transmisiver más

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas,

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas, Gasolina, transmisión maver más

Venta de pisos

Casa en venta con 170 m2, 3 dormitorios en

Casa, independiente con 170 m2, a reformar, 3 dorm, 1 baños, cocina nover más

Piso en venta con 150 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 150 m2, buen estado, 4 dorm, 3 baños, 2 plaza(s) de garaje,ver más

Piso en venta con 105 m2, 3 dormitorios en Zona

Piso, con 105 m2, 3 dorm, 1 aseo(s), 1 baños, .Vendemos amplio piso, próximover más

Piso en venta con 53 m2, 1 dormitorios en

Piso, con 53 m2, Semi nuevo, 1 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 1ver más

Piso en venta con 102 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 102 m2, Buen estado, 4 dorm, 2 baños, 1 armario(s) empotrado(s),ver más