farodevigo.es »

Álvarez Blázquez, editor de Monterrei
 03:25  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Manuel Bragado
Cos actos celebrados onte á noitiña no Museo de Castrelos e no Auditorio municipal da rúa Areal comezou a celebración do ano dedicado ao escritor e editor Xosé María Álvarez Blázquez (XMAB). A lectura por parte do seu fillo Xosé María do discurso co que ingresou o 28 de novembro de 1964 como membro numerario da Academia Galega ("Cantares e romances vellos prosificados", inédito até agora e que publica a propia Academia), cubrindo a cadeira vacante de Aquilino Iglesia Alvariño, constitúe un acto de xustiza poética e de reivindicación do, para nós, intelectual galego máis completo e poliédrico do seu tempo.
Entre todos os eidos da súa monumental actividade cultural nuns anos de enorme precariedade foi, seguramente, a de editor, a máis destacada de todas as que emprendeu. Desde 1950 en Edicións Monterrey e logo, en dúas etapas ben diferentes, desde 1963 a 1980 en Edicións Castrelos, don Xosé María contribuíu decisivamente a reconstruír o tecido editorial galego destruído pola intrasixencia e a violencia da rebelión militar do 36 que segou a vida do seu pai (Darío Álvarez Limeses, chamado en Tui "o médico dos pobres"). En ambas as dúas aventuras editoriais traballou don Xosé María contracorrente (mesmo do galeguismo cultural representado por Galaxia, editorial da que foi, tamén, un dos seus fundadores), movido pola convicción patriótica e a afouteza empresarial de que era posible crear (por difícil que parecese) un mercado do libro en galego ou de interese galego. XMAB perseguiu durante tres décadas a mesma fantasía empresarial ensaiada polos tres grandes editores galegos de catálogo da nosa historia que o precederon: Manuel Soto Freire (o impresor lucense que no dezanove planificou por vez primeira un catálogo editorial en Galicia), Andrés Martínez Salazar (o creador da primeira "Biblioteca Gallega") e Ánxel Casal (o editor mártir, creador de Nós, a editorial galeguista republicana).
Para a súa primeira empresa editora, XMAB tomou o nome de "Monterrei", o castelo onde foi instalada a primeira imprenta de tipos móbiles en Galicia e onde en 1491 foi estampado o "Missale Auriense", o primeiro libro editado no país. Contou coa complicidade do seu socio, Luis Viñas Cortegoso, o inspector de ensino primario formado na Institución Libre de Ensinanza, co que fundara dous anos antes a "Almoneda Monterrei", a libraría de vello situada no número catorce da viguesa rúa de Pi e Margall (entón General Aranda). Naquela editorial bilingüe, con clara vocación de bibliófila, XMAB editou algúns dos libros mais coidados que se teñen feito en Galicia, como "Teatro venatorio y coquinario gallego" (1958) de José María Castroviejo e Álvaro Cunqueiro ou como os da colección "Beatus Jacobus", edicións numeradas impresas en papeis de calidade e maquetadas con xenio e fasquía clásicas. Foron os casos de "El buho gallego con las demás aves de España" (1951), obra que o editor determinou que escribira Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos ou "Vida y viajes literarios de Fray Martín Sarmiento" (1952), edición ao cargo do seu socio Viñas Cortegoso.
XMAB abriu en Monterrei, ademais, dúas coleccións en lingua galega: "Leixado do vento" e "Frol e froito". Na primeira publicou ao longo da década dos cincuenta dez títulos, en edicións de trescentos exemplares en papel verxurado, algunhas ilustradas e mesmo empregando a cor. Nesta serie incluíu títulos da súa produción póetica como "Roseira do teu mencer" (1950, poemario que dedicaba a súa filla "Colorín), o "Cancioeiro de Monfero, Século XIII" (1953, presentado como anónimo, mais que como ben sabemos foi da autoría do editor, unha trasnada literaria ben simpática) e "Romance do pescador peleriño" (1954) , ademais doutros emblemáticos como "Poesías galegas. Égloga de Belmiro e Benigno. A Alborada" (1951) de Nicomedes Pastor Díaz (ilustrado por X. Sesto), "Entremes famoso sobre a pesca do río Miño" (1953) ou "Cantiga nova que se chama riveira" (1957, reedición do segundo poemario de Cunqueiro). Na segunda, iniciada en 1953 cun libro de Ben-Cho-Shey "Andrómenas. Contos para o pobo", coa intención de constituír unha fiestra aberta aos novos valores literarios, recuperar textos clásicos e popularizar a divulgación da literatura galega, XMAB anticipou o nacemento do que logo se chamaría "Nova Narrativa Galega" coa publicación dos dous primeiros libros do mozo Gonzalo R. Mourullo, "Nasce un árbore" (1954) e "Memorias de Tains" (1956), toda unha proeza de modernidade.
Mención á parte neste requintado labor editorial de edicións Monterrei en tempos menesterosos (o seu logotipo foi inspirado nun debuxo de Urbano Lugrís) merece a edición en 1960 de "La ciudad y los días", o calendario histórico de Vigo da que nos ocuparemos nunha futura entrega.
bretemas@gmail.com
COMPARTIR
 

Empleos

Community Manager

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 800
ver más

MANTENIMIENTO INDUSTRIAL - conocimientos soldadura

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

TELEOPERADOR/A De 15 a 21 horas

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 1.200
ver más

TELEOPERADOR/A TURNO DE TARDE

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 1.200
ver más

Coches

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puer

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puertas, Gasolina, transmisiver más

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas,

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas, Gasolina, transmisión maver más

Venta de pisos

Casa en venta con 325 m2, 5 dormitorios en Vigo

Casa, independiente con 325 m2, buen estado, 5 dorm, 4 baños, 3 plaza(s) dever más

Piso en venta con 70 m2, 2 dormitorios en Teis

Piso, pisos/apartamentos con 70 m2, Buen estado, 2 dorm, 1 baños, 1 plaza(s)ver más

Ático en venta con 75 m2, 3 dormitorios en

Ático, con 75 m2, Semi nuevo, 3 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 1ver más

Piso en venta con 116 m2, 3 dormitorios en

Piso, con 116 m2, Buen estado, 3 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 1ver más

Casa en venta con 343 m2, 5 dormitorios en Vigo

Casa, adosado con 343 m2, buen estado, 5 dorm, 6 baños, 2 plaza(s) de garaje,ver más