farodevigo.es »

Arquivos, bibliotecas e museus (3)
 03:00  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
X.L. MÉNDEZ FERRÍN
En materia museística, os anos autonómicos e monárquicos de Galicia só aportaron o conxunto visual dos centros culturais da Coruña, o centro de arte contemporáneo de Compostela (edificio que admiramos sempre e mesmo veneraremos) e o de Vigo, na prisión salvada "in extremis" pola opinión civilizada local da obsesión presentista (e cobizosa de lucros) dunha corporación do PSOE de triste memoria neste aspecto. O resto é o que había: poñamos por caso os arqueolóxicos provinciais de Ourense e Lugo, a marabilla irrepetibel do Museu de Pontevedra. Nin se pensou en museus nacionais de Galicia (digamos de Historia Natural, que pór á vista un buraco negro) nin noutro tipo de institucións culturais. Se se fixan, todo o de recente creación foca a arte contemporánea e linda, posmodernisticamente, coa futulidade, a decanonización e a actividade no valeiro: é, ai, signo da lóxica do capitalismo tardío!
Digamos petroglifos. Milleiros de metros cuadrados de pedras, penedos, laxes, do noso país áchanse cubertos por signos de cuxo significado non sabemos nin res a e que, desde Sobrino, vimos chamando petroglifos. Non Val Canonica, non Fozcoa, non Escandinavia, senón Galicia é a capital da inscultura rupestre prehistórica do Europa. Leo no xornal que algunhas comunidades de montes están a preparar -por propia iniciativa e xeralmente no Val Miñor- a musealización dos seus petroglifos. Que eu saiba, quitando unha vella iniciativa en Campo Lameiro, os nosos valiosísimos vestixios están sin protección e sen sinalización suficiente dos sitios para o viaxeiro admirar. Nunca goberno autonómico ningún nin tampouco municipal pensou en convertir en museus as estacións de petroglifos, naturalmente, restaurándolles a cor para os facer esplender. E isto é unha carencia que fala sumamente claro de cal é a vontade política dos gobernos autonómicos do pasado e do presente, dun e doutro caracter político.
Toda nación, e Galicia éo, debe dotarse de centros no extranxeiro nos que se difunda a súa lingua e a súa cultura propias. O goberno da Generalitat de Cataluña así o pensou e instituiu con nome de Ramon Llull unha serie de centros no mundo nos que a lingua e a cultura catalás se fai presente. Tense pedido unha e outra vez que a Xunta funde un organismo desde tipo, ao mesmo se lle ten dado o nome de Rosalía de Castro, pro non parece que vaia ser moi axiña realidade. Fraga Iribarne non quería un instituto internacional de Galicia por non ofender a idea de España única. Non sei por que Touriño e os seus socios que se reclaman do nacionalismo (naturalmente non independentista, san e ben entendido) se resisten á posta en funcionamento do Instituto Rosalía de Castro e sofren a humillación, aparentemente con gusto, de que sexa o goberno de Madrid a través de Instituto Cervantes que se apiade da nosa lingua e da nosa cultura e, por man de C.A. Molina vai facendo perceptibeis, poñamos que en Damasco, pequenas evidencias de que existimos e somos diferentes e que Álvaro Cunqueiro escribía en galego sobre Simbad.
COMPARTIR
 

Empleos

Peluquera/o

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

Oficial de 1ª de albañilería

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 1.000
ver más

Comercial de tienda

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 18.000
ver más

Asesor Inmobiliario

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: 250.000
ver más

Coches

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puer

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puertas, Gasolina, transmisiver más

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas,

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas, Gasolina, transmisión maver más

Venta de pisos

Casa en venta con 170 m2, 3 dormitorios en

Casa, independiente con 170 m2, a reformar, 3 dorm, 1 baños, cocina nover más

Piso en venta con 150 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 150 m2, buen estado, 4 dorm, 3 baños, 2 plaza(s) de garaje,ver más

Piso en venta con 105 m2, 3 dormitorios en Zona

Piso, con 105 m2, 3 dorm, 1 aseo(s), 1 baños, .Vendemos amplio piso, próximover más

Piso en venta con 53 m2, 1 dormitorios en

Piso, con 53 m2, Semi nuevo, 1 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 1ver más

Piso en venta con 102 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 102 m2, Buen estado, 4 dorm, 2 baños, 1 armario(s) empotrado(s),ver más