farodevigo.es »

Arquivos, bibliotecas e museus (II)
 03:40  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
X.L. Méndez Ferrín
Aidea de Ministerio de Cultura é moi recente. Ocorréuselle a De Gaulle, quen encarregou do ramo a Malraux. Este, veloz, fundou a Filmoteca Nacional, porque os demais centros nacionais e rexionais da memoria de Francia xa existían. Convén lembrar eiquí e agora que os nosos centros da memoria (arquivos, bibliotecas e museus) son deficitarios e, salvo os museus virtuais e os museus de arte contemporánea (velái a tendencia presentista, representacionista e fictiva), o noso sistema de centros é o herdado dun pasado no que Galicia non existía e si unicamente as catro provincias galegas. Ou sexa, os arquivos, bibliotecas e museus de Galicia realmente tanxibeis e existentes son os de caracter provincial. O que depende dos municipios e o que se lle deba á Xunta de Galicia sempre é insuficiente e de nacemento doloroso cando aparece.
De nacemento doloroso e difícil foi, por exemplo, o museu da casa de Curros Enriquez pois algún alcalde e corporación de Celanova e, poñamos por caso, a Xunta de Galicia do Tripartito non estaban dispostos a facer o menor esforzo para conseguir este centro de memoria, feliz realidade desde hai algún tempo. Que non exista en Galicia un Museo Arqueolóxico Nacional, un Museo Nacional de, digamos, Ciencias Naturais ou un Oceanográfico nin o menor propósito de levar a cabo tales cousas é para todos algo evidente. O asunto do Arquivo Histórico atópase no nivel no que estaba antes da autonomía e os arquivos que funcionan son os que daquela funcionaban. O Museu do Pobo galego é de iniciativa patriótica e privada.
Na mentalidade contemporánea existe un desprezo real polos arquivos, as bibliotecas e os museus. Dise abertamente que son depósitos de cadáveres e sitios de armacenamento de obxectos poeirentos. Os máis listos revalidan en explicarnos como un museu ou unha biblioteca pode convertirse en centro de cultura "viva", deixando desarrollada a garrafa do tópico. Poucas xentes de decatan de que as bibliotecas necesitan, en primeiro lugar, bibliotecarios de carreira e formación, recrutados en oposicións libres e públicas, porque sen eles non é posibel a biblioteca. Logo, amplisimos espazos para depósito, para clasificación e para lectura. E libros, moitos libros e impresos. Só en derradeiro lugar as bibliotecas precisan das novas tecnoloxías e das actividades culturais e representacións e happenings (non digo que non estea iso mal). En canto aos arquivos, eles son o basamento da memoria da nación, os lugares onde a documenta espera polo ollo crítico, o sitio da verdade histórica.
Vexan como Galicia coida dos seus arquivos. O derradeiro arquiveiro municipal de Vigo foi José G. Posada-Curros que, de vivir hoxe, tería moito mais ca cen anos. Desde a súa xubilación, o posto de arquiveiro municipal nunca foi provisto nin convocada oposición entre titulados. O arquivo municipal de Vigo está instalado en dependencias insuficientes e en mas condicións nas sotos do Palacio Municipal e o seu responsabel soe ser un funcionario non capacitado técnica e especificamente para este labor. O caso do arquivo de Vigo ilustra o que estamos a decer. Ou sexa: todo para o fútbol e todo para a cultura endendida como fanfarria e espectáculo.
COMPARTIR
 

Empleos

Peluquera/o

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

Auxiliar fabricación

Localidad (Provincia): Grove (O) (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

Oficial de 1ª de albañilería

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 1.000
ver más

Comercial de tienda

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 18.000
ver más

Coches

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puer

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puertas, Gasolina, transmisiver más

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas,

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas, Gasolina, transmisión maver más

Venta de pisos

Casa en venta con 170 m2, 3 dormitorios en

Casa, independiente con 170 m2, a reformar, 3 dorm, 1 baños, cocina nover más

Piso en venta con 150 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 150 m2, buen estado, 4 dorm, 3 baños, 2 plaza(s) de garaje,ver más

Piso en venta con 105 m2, 3 dormitorios en Zona

Piso, con 105 m2, 3 dorm, 1 aseo(s), 1 baños, .Vendemos amplio piso, próximover más

Piso en venta con 53 m2, 1 dormitorios en

Piso, con 53 m2, Semi nuevo, 1 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 1ver más

Piso en venta con 102 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 102 m2, Buen estado, 4 dorm, 2 baños, 1 armario(s) empotrado(s),ver más