farodevigo.es »

Arquivos, bibliotecas e museus
 03:35  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
X.L. Méndez Ferrín
O sistema actual galego de arquivos, bibliotecas e museus é case o mesmo que o que rexía na era franquista. Os políticos galegos da II Restauración non se interesaron nin se interesan no ramo da memoria. Mesmo podemos detectar unha actitude displiciente verbo da conservación memorialística seguramente alouleada pola veneración infantil das novas tecnoloxías e por un presentismo esquizofrénico. O caso é que Galicia, coma todas as sociedades politicamente incompletas, padece un pavoroso déficit na materia de que tratamos hoxe.
En Compostela nunca existiu unha verdadeira biblioteca pública, aínda que pareza mentira. A situación só foi corrixida recentemente polo goberno central español, que fundou unha biblioteca para o pobo compostelano na rede das públicas dependentes do Ministerio de Cultura de Madrid. Esta biblioteca, en todo caso, aínda non abriu as súas portas no día de hoxe.
Vigo mantén desde hai moitos anos unha moi aprezábel biblioteca municipal, antano chamada Jaime Solá, pro esta é de reducidas dimensións e insuficiente para as necesidades da poboación. Por exemplo: se eu quixese doar os meus libros á cidade de Vigo na que vivo, estes non poderían ser aceptados na biblioteca municipal por falta de espazo. A biblioteca da Fundación Penzol, á que se sumaron os volumes aportados por Del Riego, nin ten edificio bastante nin persoal facultativo e subalterno suficiente para poder funcionar en plenitude dos seus fondos -realmente armacenados en boa parte e inutilizabeis. A situación podería mudar se o concello de Vigo asumise realmente a xestión da Penzol, cousa que vexo difícil. Por outra banda, se o Ministerio de Cultura (Madrid) abrise na metrópole do Sul unha biblioteca pública estatal, como está anunciado, as cousas mellorarían. Convén saber que Vigo, que nunca soubo dotarse dunha biblioteca central digna de tal nome, tamén non puxo nunca en funcionamento bibliotecas de freguesía ou de distrito. Entre outras cousas porque Vigo (igual ca o resto dos municipios galegos) nunca quixo pór en vigor as unidades locais de rango inferior ao municipio que a lexislación vixente ten previstas, e isto contradecindo toda a tradición programática do nacionalismo e do progresismo: convén que o BNG lea Castelao, digamos isto sen esperanza.
Certo, os poderes políticos galegos non promocionan as bibliotecas pro apoian o fúbol. O certo é que a cidade de Vigo non sinte a necesidade dunha biblioteca pública á altura da monumentalidade de Balaídos. Son lexión os concellos de Galicia nos cales non hai biblioteca municipal ningunha, raros os que non teñen instalacións deportivas. Aínda resulta máis escandaloso comprobar que este País carece dunha Biblioteca Nacional, como tamén está desprovisto dunha Hemeroteca do mesmo nivel. Desde a morte de Franco e o nacemento desta autonomía de opereta non se fixo case nada por paliar o déficit bibliotecario de Galicia e os dous pasos adiante que se acaban de incoar sen chegar a término que son a creación das bibliotecas estatais de Compostela e Vigo, foron dados polo goberno central de Madrid e polo ministro C.A. Molina.
Voltaremos sobre do asunto. Ah, o vicepresidente Quintana pide as competencias de Tráfico.
COMPARTIR
 

Empleos

Comercial de tienda

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 18.000
ver más

Asesor Inmobiliario

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: 250.000
ver más

TÉCNICOS MANTENIMIENTO AEROGENERADORES PONTEVEDRA

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

Soldador/a

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: 18
ver más

Coches

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puer

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puertas, Gasolina, transmisiver más

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas,

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas, Gasolina, transmisión maver más

Venta de pisos

Casa en venta con 170 m2, 3 dormitorios en

Casa, independiente con 170 m2, a reformar, 3 dorm, 1 baños, cocina nover más

Piso en venta con 150 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 150 m2, buen estado, 4 dorm, 3 baños, 2 plaza(s) de garaje,ver más

Piso en venta con 105 m2, 3 dormitorios en Zona

Piso, con 105 m2, 3 dorm, 1 aseo(s), 1 baños, .Vendemos amplio piso, próximover más

Piso en venta con 53 m2, 1 dormitorios en

Piso, con 53 m2, Semi nuevo, 1 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 1ver más

Piso en venta con 102 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 102 m2, Buen estado, 4 dorm, 2 baños, 1 armario(s) empotrado(s),ver más