farodevigo.es »

Metro para o Gran Vigo
 03:40  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Manuel Bragado
Coa rebaixas en marcha e a reanudación da actividade lectiva e laboral en todos os eidos, coincidindo coa chegada das chuvias das primeiras borrascas, o colapso de acceso a Vigo e o do tráfico dentro do casco urbano está sendo espantoso. Tras a apertura, hai apenas dous anos, do Corredor do Morrazo e a liberalización parcial da peaxe da Ponte de Rande, o acceso e saída de Vigo pola AP-9 acada decotío os niveis circulatorios de saturación das xornadas de verán. Outrosí sucede coas saídas cara ao periurbano industrial e aos concellos do Val Miñor, a Louriña e o Condado moi conxestionadas nas horas punta, a pesar da posta en funcionamento do segundo cinto (VG-20), que aliviou o paso do tráfico pesado pola cidade e mellorou o acceso a Peinador.
O Gran Vigo, unha punxente conurbación urbana industrial de máis de medio millón de habitantes (a máis densa do noroeste peninsular), basea a súa política de mobilidade interior na utilización exclusiva dos vehículos privados xa que, coa excepción do transporte de ría, carece dunha rede de transporte público metropolitano, tanto por estrada como por ferrocarril. Problema agravado nun casco urbano policéntrico, onde funciona con dificultades e carencias un servizo de autobuses, ao que, a pesar das melloras introducidas na última década, non se lle concedeu a prioridade que precisa. Se a isto engadimos, a ausencia dun transporte ferroviario rápido coas cidades do noso entorno (o que provoca o aumento do tráfico interior) e a equivocada política municipal de continuar promovendo a construción de aparcadoiros subterráneos na área central (axiña comezarán as obras doutro enorme en Policarpo Sanz), que atraen máis vehículos privados e dificultan a mobilidade dos vitrasas por unha cidade alongada diante do anfiteatro da súa ría, non é difícil agoirar que dentro de catro ou cinco anos se produza en Vigo un colapso circulatorio estrutural.
A solución a este complexo problema non pasa, na miña opinión, pola construción de novas e custosas infraestruturas que incentiven a utilización dos vehículos privados e si, pola contra, por unha aposta estratéxica polo transporte público intermodal: autobús, tren de cercanías, metro e barco. Máis aínda cando todas as políticas internacionais de transporte, centradas na loita contra os efectos do cambio climático, esixen a redución das emisións producidas polo consumo de combustibles fósiles e apostan por este modelo máis respectuoso co medio ambiente, económico e cómodo para os usuarios. Non esquezamos, tampouco, que nas viaxes interurbanas, o coche privado consume até tres veces máis enerxía, por viaxeiro e quilómetro, cós medios colectivos (tren ou bus), e que no medio urbano, o transporte público é seis veces máis eficiente có proporcionado polos vehículos privados.
Neste modelo novo modelo de mobilidade, non hai dúbida de que Vigo precisa como auga de maio o AVE do Eixo Atlántico que permita achegarse a Coruña e Porto nunha hora e a Santiago en media, algo que debera ser a nosa primeira prioridade estratéxica como estruturante dun novo modelo de organización territorial para o país. Mais tamén necesita un servizo de tren de cercanías que comunique e artelle (como pretendeu hai xa un século a empresa viguesa de tranvías) as cidades pequenas da nosa área metropolitana: Redondela, Porriño, Ponteareas, Tui, Gondomar ou Baiona. Como tamén, precisa dunha rede urbana de metro que conecte cada cinco minutos os puntos clave do seu periurbano co paralelo da ría: dende o Meixoeiro á Laxe (onde conectaría co barco, preferente na nosa mobilidade co Morrazo) e dende A Guía a Canido.
Deseñar un metro ecolóxico para o Vigo metropolitano do século XXI non é nin unha quimera nin un proxecto fantasioso. Hai experiencias abondas deste tipo en areas metropolitanas europeas de poboación semellante á nosa (velaí o caso do Porto) que demostran a viabilidade deste modelo; como as hai, tamén, noutras cidades españolas que xa o teñen en marcha: Sevilla inaugurará este ano a súa primeira liña, Málaga contará coas dúas en 2009, Granada (unha cidade de poboación inferior a nosa) e Zaragoza ultiman o seu proxecto para o 2011, así como Xixón estuda a posta en marcha dun modelo de metro lixeiro, proxectos todos eles con características singulares, cofinanciados polo Ministerio de Fomento, as comunidades autonómas e os concellos respectivos.
En Vigo foi unha mágoa que se perdesen os últimos catro anos para estudar a viabilidade deste proxecto (Carlos G. Príncipe puxera en marcha os primeiros estudos) que, agora, semella recuperar a Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Construír o futuro Gran Vigo require visión estratéxica e ambición para desenvolver grandes proxectos a longo prazo como o do seu Metro.
COMPARTIR
 

Empleos

Peluquera/o

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

Auxiliar fabricación

Localidad (Provincia): Grove (O) (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

Oficial de 1ª de albañilería

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 1.000
ver más

Comercial de tienda

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 18.000
ver más

Coches

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puer

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puertas, Gasolina, transmisiver más

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas,

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas, Gasolina, transmisión maver más

Venta de pisos

Casa en venta con 170 m2, 3 dormitorios en

Casa, independiente con 170 m2, a reformar, 3 dorm, 1 baños, cocina nover más

Piso en venta con 150 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 150 m2, buen estado, 4 dorm, 3 baños, 2 plaza(s) de garaje,ver más

Piso en venta con 105 m2, 3 dormitorios en Zona

Piso, con 105 m2, 3 dorm, 1 aseo(s), 1 baños, .Vendemos amplio piso, próximover más

Piso en venta con 53 m2, 1 dormitorios en

Piso, con 53 m2, Semi nuevo, 1 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 1ver más

Piso en venta con 102 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 102 m2, Buen estado, 4 dorm, 2 baños, 1 armario(s) empotrado(s),ver más