farodevigo.es »

Desfeita no Berbés
 03:20  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
X.L. Méndez Ferrín
Hai xa unha presa de anos Vigo meteu nas mans dun arquitecto moi nomeado, pro sen simpatía coa cidade nin co País de Turonio, ambiciosa remodelación dunha amplia zona maritimoterrestre. A actuación foi chamada enganosamente Abrir Vigo ao Mar. O proxecto resultou invasivo e culminou nun lucimento libérrimo do arquitecto, que brillou como autor sen ter en conta para nada nin a historia nin a cultura nin a realidade de Vigo. Abrir Vigo ao Mar, poño por caso, eliminou a baranda do paredón marítimo próximo ao Club Náutico, o cal significa borrar unha referencia centenaria das memorias de milleiros de vigueses que, recostadas naqueles ferros, foron fotografados ao longo das súas vidas ou naqueles ferros xogaron de nenos, mocearon de mozos ou tomaron o sol de vellos. Ao arquitecto non lle gustou a baranda do Nático e mandouna para o ferrovello. Alguén fixo con ela uns cartiños e agora sabe Deus onde ela estará. A opinión pública viguesa, salvo contadas excepcións, ollou para outro banda e outorgou.
A poderosa individualidade do arquitecto focou decontado O Berbés. Isto é, o que os vigueses de vella torgueira soen decer A Ribeira, como rezaba o cartel do tranvía. Como todos vostedes saben na Ribeira do Berbés encóntrase a liña das casas mariñeiras sobre a extinta praia. Esta liña chamouse Dos Peiraos porque antano alí os estaban, os peiraos: pequenas dársenas de pedra que levan nome enigmático e seguramente gascón noutros lugares tamén de Galicia. Existen Os Peiraos, ou existiron, na Banda do Río de Marín, na Moureira de Pontevedra, en Betanzos, e así. Este arco de casas de pedra con poderosos soportais semellantes aos que Muros e outras vilas mariñeiras, conservouse durante moito tempo razoabelmente ben. A estampa dos soportais do Berbés con todo o casarío de Vigo a gavear Ribeira arriba converteuse na imaxe fixa e permanente de Vigo. Digamos, en termos publicitarios, no seu icono, no seu logotipo, no seu emblema e todas esas cousas polas que tanto mira a mercadoría contemporánea aliada ao design.
E que fixo o audaz arquitecto contemporáneo co Berbés, ben apoiado polo seu cliente que era a Autoridade Portuaria e o Concello se me non trabuco? Isto: un parquin, algunha caseta, diversos niveis que imposibilitan o paseo (sobre todo aos imposibilitados), unha poza xeometrista que para se manter limpa requiere dos servizos de toda unha concesionaria e, como non podía ser menos, un campo de basket, facendo (agora, si) memoria, da época lamentábel na que o baloncesto entrou até nos cemiterios rurais de Vigo. En canto á fachada das casas asoportaladas do Berbés (ou sexa: o símbolo de Vigo), esas ficaron emprazadas nun nivel interior e condenadas a morte.
E así e: o Berbés está xa medio morto. As casas véñense abaixo e non existe ningún plan de emerxencia para salvar a estampa que, deica pouco, so poderemos lembrar nas pancartas de FPG (De Dios), nos cadros de moitas xeracións de paisaxistas urbanos ou nas fotografías. Naturalmente, a opinión pública viguesa, salvo excepcións, amósanse tan indiferente perante a arruína do Berbés como se mostrou perante o ladroíro da baranda de ferro do Club Náutico, cuxo edificio (esa é outra) parece que vai ser rápidamente desnaturalizado.
COMPARTIR
 

Empleos

ENCOFRADORES OFICIALES DE PRIMERA

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: 2.200
ver más

Operario/a confección textil

Localidad (Provincia): Redondela (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

Peón montaje mobiliario

Localidad (Provincia): Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

RESPONSABLE DE TRÁFICO

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

Coches

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puer

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puertas, Gasolina, transmisiver más

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas,

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas, Gasolina, transmisión maver más

Venta de pisos

Casa en venta con 170 m2, 3 dormitorios en

Casa, independiente con 170 m2, a reformar, 3 dorm, 1 baños, cocina nover más

Piso en venta con 150 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 150 m2, buen estado, 4 dorm, 3 baños, 2 plaza(s) de garaje,ver más

Piso en venta con 105 m2, 3 dormitorios en Zona

Piso, con 105 m2, 3 dorm, 1 aseo(s), 1 baños, .Vendemos amplio piso, próximover más

Piso en venta con 53 m2, 1 dormitorios en

Piso, con 53 m2, Semi nuevo, 1 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 1ver más

Piso en venta con 102 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 102 m2, Buen estado, 4 dorm, 2 baños, 1 armario(s) empotrado(s),ver más