farodevigo.es »

Memoria de Xaime como neno de Ourantes
 02:55  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
X.L. Méndez Ferrín
No Ourantes (Ourense, na narrativa de Xaime Quesada) que ten como centro Santa Eufemia destacaba sobre 1943 ou sexa nos días de Stalingrado un neno con tirabuzóns loiros, fillo de Teresita Porto que era viuva nova e parecía unha artista de cine. Non tardaron en desaparecer tirabuzóns, e aquel neno da Rúa Nova ou do Instituto ou de Lamas Carbajal convertiuse en suxeito activo e de palabra veloz, con dotes de lider. Tiñamos como punto de reunión a parte alta dos Jardinillos, nun banco ao que lle faltaba o asento e no que nos exercitabamos en números de trapecio vistos no Circo Feijóo. Revelounos alí Xaime Quesada ser o sobriño ou primo do Veiras (non Beiras): un artista respectado e popular que deseñaba incribeis iluminacións nas festas e de cuxo estudio acabada de saír o trazado dos novísimos xardíns da Burga cuxos mirtos e empedradiño á portuguesa aínda permanecen. O día no que apareceu pola nosa xuntanza aquel rapaz maior cunhas antefixas de Catedral talladas en tizas escolares. Xaime aproveitou para nos revelar que el tamén era artista. En canto ao rapaz das tizas, este perdeuse en silencio pola zona do Orfeón e del saberiamos, anos despois, que era un escultor que se chamaba Arturo Baltar. O noso amigo Arturo Baltar.
Certo, entre a incitación do Veiras, a suxestión do taller de Prego de Oliver e o apoio dos seus irmaos maiores artistas, Xaime Quesada converteuse en debuxante precoz. A "Profe", Mercedes de Gracia, tiña unha escoliña na Rúa da Paz na que liamos Corazón, na que nunca se rezaba e na que se atuaba as profesoras, incluso a Directora, a cal debía de pesar uns cen quilos. A esta escola privada e vagamente institucionista asistín con Xaime. Durante as aborrecidas horas invernais de estudio, el concentrábase para debuxar clandestinamente de memoria as paisaxes urbanas de Ourense, digo Ourantes. Alí estaba Heriberto e non sei se Antonio, amigos.
Así que participei con Xaime dunha extraña infancia artística e liberal aínda que marcada por constantes procisións intercaladas de representacións e veladas no Principal e seguidas de incursións á Barbaña ou ao Monte Alegre en procura de calquera aventura en convivencia coas bandas dos suburbios en cuxas fazañas gostabamos de participar, sempre lonxe do Parque de San Lázaro. Logo, sobre os dez anos de idade, a vida separounos a Xaime e a min aínda que, moito tempo despois, eu voltaría visitar aquela súa casa de Lamas Carbajal en cuxos interiores estaban as monecas antigas, o piano de Teresita, raros instrumentos médicos, a libraría acristalada, e por cuxas fiestras entraba a luz escasa, pro única e peneirada, da que dora xudaría da nosa cidade.
Xaime completou en Madrid estudos superiores e medrou, ano tras ano, en sabedoría e determinación plástica, e logo tamén literaria. Coido que nunca deixou de ser o meniño argallante e locuaz co que xoguei no Ourense, ou no Ourantes, dos distantes anos cuarenta.
Aquel mesmo fogo, mesma imaxinación, mesma inquedanza, eran características dun artista maduro que só a morte sería capaz de deter no proceso infinito de xeración de formas e de representación. Foi antifeixista, gloriosamente.
Eu agora choro e me doo porque a morte cruel nos deixou sen Xaime Quesada Porto para sempre.
COMPARTIR
 

Empleos

Community Manager

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 800
ver más

MANTENIMIENTO INDUSTRIAL - conocimientos soldadura

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

TELEOPERADOR/A De 15 a 21 horas

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 1.200
ver más

TELEOPERADOR/A TURNO DE TARDE

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 1.200
ver más

Coches

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puer

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puertas, Gasolina, transmisiver más

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas,

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas, Gasolina, transmisión maver más

Venta de pisos

Piso en venta con 200 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 200 m2, Buen estado, 4 dorm, 1 aseo(s), 3 baños, 1 armario(s)ver más

Piso en venta con 88 m2, 3 dormitorios en

Piso, adosado con 88 m2, 3 dorm, 1 baños, 1 terraza(s), .Ref. 4032PE.ver más

Casa en venta con 530 m2, 11 dormitorios en

Casa, independiente con 530 m2, Buen estado, 11 dorm, 2 aseo(s), 5 baños, 2ver más

Casa en venta con 343 m2, 5 dormitorios en

Casa, adosado con 343 m2, 5 dorm, 6 baños, .Alcabre - Navia. Chalet adosadover más

Piso en venta con 105 m2, 3 dormitorios en Zona

Piso, con 105 m2, 3 dorm, 2 baños, .Centro urbano. Piso de 104 metros paraver más