farodevigo.es »

Abolición da pena de morte
 02:45  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Manuel Bragado
A aprobación por parte da Asemblea Xeral da ONU este mes de decembro dunha resolución non vinculante que solicita a aplicación dunha moratoria ás execucións dos sentenciados a pena de morte, como primeiro paso para a súa abolición por parte de todos os estados, é unha das escasas noticias internacionais esperanzadoras que coñecimos este ano a piques de rematar. O texto da resolución, aprobada co apoio de cento catro estados, salienta que "a pena de morte mina a dignidade humana", urxe aos estados onde aínda existe a restrinxir o seu uso e a reducir o número de delitos polos que se impón o castigo máximo, ao tempo que fai un chamamento a respectar as leis internacionais que garanten a protección dos sentenciados a morte. Esta resolución, que tivo moi escaso eco nos nosos medios de comunicación (algo significativo) é considerada como un "paso histórico" por parte de organizacións abolicionistas como Amnistía Internacional que loitan teimudamente pola desaparición da pena de morte en todo o mundo e en calquera circunstancia.
A pesar de que xa transcorreron case sesenta anos dende a aprobación en 1948 da "Declaración Universal dos Dereitos Humanos", que tiña como un dos seus obxectivos liberar aos individuos da crueldade dos estados, aínda son máis de oitenta os que admiten a pena de morte para os delitos comúns. Hoxe, segundo datos proporcionados por Amnistía Internacional, entre dezanove mil e vinte e cinco mil persoas seguen condenadas a morte en todo o mundo; sendo executadas o pasado ano en vinte e cinco países máis de mil cincocentas (correspondendo o noventa por cento a China, Irán, Iraq, Paquistán, Sudán e aos Estados Unidos) e condenadas case catro mil persoas en cincuenta e cinco estados. Na China, onde se celebrarán o vindeiro verán os Xogos Olímpicos, a pesar de que esta cuestión constitúe un segredo de estado, se sabe que máis dun milleiro de persoas foron executadas, mesmo por cometer delitos non violentos como fraude fiscal, malversación de fondos ou separatismo. En Irán foron cento setenta e sete as executadas, sendo o principal estado executor de menores e reanudando este ano 2007 as execucións por lapidación nos delitos de adulterio. Os Estados Unidos, a primeira potencia mundial, executou en 2006 a cincuenta e tres persoas, sendo máis dun milleiro de persoas as que o foron (setenta delas menores no momento de cometer o delito, o que está expresamente prohibido no dereito internacional) desde que en 1976 o Tribunal Supremo autorizou a reanudación das execucións.
A pena de morte é un castigo inhumano e innecesario, a negación máis extrema dos dereitos humanos: o dereito á vida e o dereito de toda persoa a non ser sometida a penas crueis e degradantes. A pena de morte é un crime premeditado cometido por un estado amparado na lexitimade da súa xustiza. A pena de morte é un castigo irreversible e irrevocable que de forma
inevitable se cobra vítimas inocentes por que a xustiza en ningún lugar do mundo poder ser considerada infalible. A pena de morte é un castigo durísimo contra o delicuente mais non contra o delito, xa que ningún dos estudos realizados por especialistas en criminoloxía amosan que existan probas que a pena de morte sexa unha resposta axeitada ou teña maior poder disuasorio e exemplarizante fronte aos actos violentos (como argumentan os seus defensores) ca outras penas, nin tampouco está acreditado, como amosa un estudo elaborado pola ONU en 1988 e actualizado en 1996 e 2002, que o seu emprego diminúa, por exemplo, o índice de homicidios nos países onde se utiliza.
A pesar de que nesta década se foi consolidando unha tendencia mundial cara a súa abolición, por desgraza, a execución da pena capital aínda non constitúe unha violación do dereito internacional. Con todo hai sinais para a esperanza. Cento trinta e tres país xa a aboliron na lei ou na práctica, mesmo nos Estados Unidos esta tendencia se afianza en trinta oito dos seus estados (recentemente foi o de New Jersey o primeiro en abolila tras corenta anos). As estatísticas amosan que nos dous últimos anos tanto o número de execucións en todo o mundo diminuíu de forma significativa como o de países que a utilizaron. Aumenta, ademais, o número de resolucións abolicionistas (como a do pleno do Congreso dos Deputados do pasado mes de outubro) e de acordos internacionais (como o dos membros da UE que consideran a súa abolición como un requisito de entrada na Unión). Aparecen iniciativas de concienciación como a creación da xornada do 10 de outubro como "Día Internacional contra a pena de morte" ou a emprendida esta pasada noiteboa polo concello de Roma que deixou iluminados durante toda a noite os seus monumentos como forma de reclamar a abolición da pena capital. Un facho de esperanza que debe iluminar a dignididade humana do futuro.
bretemas@gmail.com
COMPARTIR
 

Empleos

Community Manager

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 800
ver más

MANTENIMIENTO INDUSTRIAL - conocimientos soldadura

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

TELEOPERADOR/A De 15 a 21 horas

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 1.200
ver más

TELEOPERADOR/A TURNO DE TARDE

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 1.200
ver más

Coches

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puer

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puertas, Gasolina, transmisiver más

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas,

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas, Gasolina, transmisión maver más

Venta de pisos

Casa en venta con 325 m2, 5 dormitorios en Vigo

Casa, independiente con 325 m2, buen estado, 5 dorm, 4 baños, 3 plaza(s) dever más

Piso en venta con 70 m2, 2 dormitorios en Teis

Piso, pisos/apartamentos con 70 m2, Buen estado, 2 dorm, 1 baños, 1 plaza(s)ver más

Ático en venta con 75 m2, 3 dormitorios en

Ático, con 75 m2, Semi nuevo, 3 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 1ver más

Piso en venta con 116 m2, 3 dormitorios en

Piso, con 116 m2, Buen estado, 3 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 1ver más

Casa en venta con 343 m2, 5 dormitorios en Vigo

Casa, adosado con 343 m2, buen estado, 5 dorm, 6 baños, 2 plaza(s) de garaje,ver más