farodevigo.es »

´A Nosa Terra´ centenaria
 01:00  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Campo de Granada
Os últimos cen anos da historia de Galicia non poden ser comprendidos sen a achega cultural e o alento cívico galeguista proporcionado por "A Nosa Terra". Así foi desde a fundación da publicación na Coruña en 1907, por iniciativa do sector galeguista da plataforma Solidaridad Gallega, agrupado arredor da libraría de Uxío Carré Aldao, até 1916 cando aparece como boletín e idearium das Irmandades da Fala dirixida, entre outros, por Antón Villar Ponte. Do mesmo xeito continuou desde febreiro de 1932 cando se transforma en "Boletín do Partido Galeguista", editado primeiro en Pontevedra, logo, en Compostela por Ánxel Casal, e, outra volta na vila do Lérez por Víctor Casas, até en 1936 ser crebado aquel tempo de entusiasmo polo alzamento militar. Así proseguiu co seu renacemento en xuño de 1942 por parte da Irmandade Galega de Buenos Aires, que agrupaba o exilio e a emigración galeguistas e onde Castelao será o seu primeiro condutor e editorialista até a súa morte. Así foi tamén desde a súa reaparición en Santiago o 4 de decembro de 1977 como semanario, cando se comezaban a abrir xanelas para o aire democrático, e anos máis tarde na viguesa rúa Príncipe, até hoxe, cando despois de trinta anos como publicación nacionalista un equipo de profesionais novos dirixidos por Manuel Veiga Taboada atrévese a ampliar o pluralismo do semanario e a refacer o seu proxecto comunicacional complementándoo cun xornal diario electrónico.
En cada unha destas etapas, A Nosa Terra participou activamente na confección do relato dese proceso histórico de construción de Galicia como nación e como suxeito e protagonista da creación cultural na nosa lingua milenaria. O centenario proxecto editorial e xornalístico A Nosa Terra representa -pola súa insólita permanencia e capacidade de innovación e adaptación a cada momento histórico, pola súa inquebrantable lealtade co noso idioma e cos anceios de autogoberno- o papel esencial que nos corresponde aos editores en lingua galega: facer país promovendo a civilidade e a galeguidade dende a lectura na lingua de nós.
Outrosí debemos recoñecer ao equipo de profesionais, dirixido por Afonso Eyré, que dende 1984 iniciou a publicación de números monográficos ou especiais que constituíron o xermolo da editora A Nosa Terra. O proxecto alboral daquela serie de revistas-libro foi o inesquecible monográfico "Rosalía viva", aparecido coincidindo coa Día das Letras Galegas de 1984, ao que seguiron con periodicidade anual os dedicados a Cunqueiro, Blanco Amor, Seoane, Castelao e Bóveda, por só citar algúns dos escritores dunha colección que supuxo unha inflexión para a empresa editora e para o conxunto sector editorial galego. O rotundo éxito desta serie, bautizada como "A nosa cultura", permitiu a aparición de novas series como "A nosa historia" (1986), "Cadernos de A Nosa Terra de pensamento e cultura" e a definitiva consolidación do proxecto editorial a partir de 1989. Dende entón, A Nosa Terra edicións publicou máis dun milleiro de títulos, desenvolvendo un catálogo xeralista, con importante presenza nos eidos da divulgación da cultura do país, na edición infantil, no libro de texto de lingua galega e Ciencias Sociais de Secundaria, na recuperación da memoria histórica e na literatura de viaxes.
A edición da colección de vinte volumes "Historia de Galicia", durante os anos 90 e 91; a reedición dos álbums de Castelao "Galicia mártir", "Atila en Galicia" e "Milicianos", así como a publicación da "Historia da Literatura Galega", en 50 cincuenta fascículos e outros tantos volumes dos nosos autores canónicos, así como a colección "Esenciais", títulos de edición acartonada dun prezo moi competitivo son outros fitos senlleiros para a conformación dun catálogo esencial para o libro galego.
Mais coa mudanza de século estourou en A Nosa Terra o "fenómeno dos Bolechas", a serie máis popular da literatura infantil na nosa lingua, creada polo debuxante, humorista gráfico e comiqueiro Pepe Carreiro. Protagonizada polos fillos dunha familia numerosa que fan da vida cotiá unha apaixonante aventura, esta serie leva publicados máis de dous centos títulos e vendidos máis dun millón de exemplares, o que constitúe un auténtico fenómeno social que a convertiu nunha das ferramentas de iniciación lectora e normalización lingüística máis poderosas e eficaces paridas na historia da edición galega. O seu éxito rotundo no mercado familiar, a súa intelixente diversificación, así como a súa orixinal presentación na libraría, apoiada por unha comunicación editorial moi coidada, amosan as enormes posibilidades para acometer desde Galicia proxectos editoriais autónomos da maior calidade e acollida entre o público. Beizóns, pois, para A Nosa Terra neste seu renovado centenario!
COMPARTIR
 

Empleos

Peluquera/o

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

Auxiliar fabricación

Localidad (Provincia): Grove (O) (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

Oficial de 1ª de albañilería

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 1.000
ver más

Comercial de tienda

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 18.000
ver más

Coches

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puer

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puertas, Gasolina, transmisiver más

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas,

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas, Gasolina, transmisión maver más

Venta de pisos

Casa en venta con 170 m2, 3 dormitorios en

Casa, independiente con 170 m2, a reformar, 3 dorm, 1 baños, cocina nover más

Piso en venta con 150 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 150 m2, buen estado, 4 dorm, 3 baños, 2 plaza(s) de garaje,ver más

Piso en venta con 105 m2, 3 dormitorios en Zona

Piso, con 105 m2, 3 dorm, 1 aseo(s), 1 baños, .Vendemos amplio piso, próximover más

Piso en venta con 53 m2, 1 dormitorios en

Piso, con 53 m2, Semi nuevo, 1 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 1ver más

Piso en venta con 102 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 102 m2, Buen estado, 4 dorm, 2 baños, 1 armario(s) empotrado(s),ver más