farodevigo.es »

Ler para comprender o mundo
 01:00  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Manuel Bragado
O informe PISA 2006 (Programa de Avaliación Internacional de Alumnado) -realizado en trinta países da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) e outros vinte e sete asociados coa intención de comparar o rendemento dos estudantes de quince anos en lectura, matemáticas e ciencias- deixa ao noso sistema educativo nunha posición mediocre e demostra que padece unha importante eiva lectora. Nos últimos tres anos o conxunto do alumnado español de ESO empeorou o seu rendemento en lectura, situándose moi por baixo da media da OCDE (o cuarto estado pola cola), debido a súa dificultade para comprender axeitadamente aquilo que le. Pola súa banda, o alumnado galego obtén un bo resultado en ciencias (tanto por riba da media estatal coma dos países da OCDE e mesmo superior a que nos correspondería polo noso PIB per cápita), o que supón unha excelente noticia, mais en lectura, a pesar de situarse por riba da media española e por diante de comunidades de maior renda, tampouco acada a ratio da OCDE.
Estes datos deben ser valorados con moita prudencia, xa que a calidade, eficiencia e equidade dos sistemas educativos non poden ser comparadas só en termos de rendemento das súas aprendizaxes; porén, amosan, unha tendencia preocupantemente negativa sobre a evolución dunha das competencias básicas da educación obrigatoria, a de comunicación lingüística. Contamos coa xeración máis lectora da nosa historia, mais a calidade da súa lectura é aínda deficiente. Os resultados de PISA enuncian o que saben os profesores e profesoras: hai non poucos estudantes de ESO (ou mesmo algúns de Bacharelato) con dificultades para ler pouco máis de tres liñas con referencias precisas e non perderse, ou para expresar oralmente ou por escrito unha opinión fundamentada sobre unha cuestión de actualidade. E isto é un problema serio que afecta as súas posibilidades de rendemento (non só na aprendizaxe das linguas), xa que a lectura comprensiva é o primeiro requisito para mellorar a aprendizaxe de case todas as materias e para aplicar os coñecementos adquiridos a novos escenarios.
Os estudantes de Pedagoxía aprendimos que a lectura comprensiva é a chave das aprendizaxes. Pero isto é máis fulcral no novo entorno da sociedade da comunicación dixital, onde o mundo se presenta como unha enxurrada de palabras, textos e imaxes tan inabordable como estreitamente frívolo e banal. A lectura crítica (o seguinte estadio da lectura comprensiva) adquire neste novo contexto maior relevancia. Unha lectura que permita separar o ouro da palla para non quedar confundidos co ruído enxordecedor emitido pola selva electrónica. A capacidade de buscar, avaliar e manexar datos é unha das competencias máis trascendentais deste novo tipo de lectura. De moi pouco servirán os custosos investimentos de conectar todas as escolas e os fogares á rede, como pretendemos en Galicia, se logo os escolares ou os cidadáns non saben atopar os vieiros para orientarse en selva tan espesa. Non se pode tratar a información das webs, blogs ou foros coma se fosen libros, revistas ou cartas, sen ter en conta que en Internet non existe en todos os casos o aval proporcionado polo editor das publicacións impresas.
A lectura no entorno electrónico require, ademais, tomar moitas máis decisións ca nos soportes impresos (sexan libros, xornais ou revistas), razón pola que é imprescindible unha maior competencia do lector. A lectura na Internet semella un proceso aparentemente doado, mais esixe dominar técnicas lectoras e informáticas: acertar coas palabras clave de busca, empregar as utilidades dos buscadores, interpretar os valores das iconas, identificar webs enganosas ou identidades falsas, determinar a autoría dos textos, analizar a fiabilidade, credibilidade e actualidade do contido... A lectura na sociedade dixital (xa está aquí) non é, como sinala Daniel Cassany, "só comprender as liñas" ou o que hai detrás (como sucede nos textos impresos), senón tamén navegar, atopar, e avaliar un avultado número de textos (o que require de moito tempo e paciencia) para, finalmente, enfrontarse, se hai sorte, coa información procurada nun sitio electrónico que consideramos crible, fiable e competente. En definitiva, a lectura neste novo entorno require lectores e lectoras mellor formados e máis críticos, o que supón un reto complexísimo de alfabetización informacional para os sistemas educativos.
Conseguir que o alumnado acade unha competencia aceptable en lectura comprensiva e crítica, tanto sobre os soportes impresos como sobre os dixitais, é o gran desafío do noso sistema educativo non universitario. Hoxe o dilema xa non está entre "ler ou non ler", o envite do futuro é "ler para comprender de forma crítica o mundo coas palabras de outros".
bretemas@gmail.com
COMPARTIR
 

Empleos

Peluquera/o

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

Auxiliar fabricación

Localidad (Provincia): Grove (O) (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

Oficial de 1ª de albañilería

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 1.000
ver más

Asesor Inmobiliario

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: 250.000
ver más

Coches

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puer

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puertas, Gasolina, transmisiver más

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas,

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas, Gasolina, transmisión maver más

Venta de pisos

Casa en venta con 170 m2, 3 dormitorios en

Casa, independiente con 170 m2, a reformar, 3 dorm, 1 baños, cocina nover más

Piso en venta con 150 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 150 m2, buen estado, 4 dorm, 3 baños, 2 plaza(s) de garaje,ver más

Piso en venta con 105 m2, 3 dormitorios en Zona

Piso, con 105 m2, 3 dorm, 1 aseo(s), 1 baños, .Vendemos amplio piso, próximover más

Piso en venta con 53 m2, 1 dormitorios en

Piso, con 53 m2, Semi nuevo, 1 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 1ver más

Piso en venta con 102 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 102 m2, Buen estado, 4 dorm, 2 baños, 1 armario(s) empotrado(s),ver más