farodevigo.es »

Urbano R. Moledo
 01:00  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
MANUEL BRAGADO
O venres no Marco foi homenaxeado Urbano Rodríguez Moledo. Este escritor galeguista de ideas socialistas foi fusilado no castelo do monte do Castro no amencer do dez de decembro de 1936, cando só tiña trinta e catro anos. A publicación de "Cardume" (Premio Xerais 2007), a novela de Rexina Vega inspirada na súa biografía e a edición, tamén preparada por ela, d´ "A volta da perdida" (Ediciós do Castro 2007) -a obriña de teatro inédita (exhumada dos arquivos militares por Anxo R. Gallardo), incautada cando Moledo foi detido e que sería utilizada como proba inculpatoria na súa causa de guerra- constitúen un acto de xustiza poética co labor do infortunado escritor e funcionario de arbitrios do concello vigués. Unha figura silenciada durante sete décadas, da que apenas coñeciamos referencias eruditas, coa excepción dalgunhas enciclopédicas, que o sitúan como "escritor menor", e as que lle dedicaron Xesús Alonso Montero e X. Enrique Acuña.
Rexina Vega, sexa na emocionante ficción novelada de "Cardume"(xa unha das grandes novelas viguesas, onde o Vigo dos anos trinta se afirma e se desangra), como no seu documentado estudo biográfico e literario d´ "A volta da perdida" (traxedia rural estreada en 1933 pola sociedade "La Aurora" de Sárdoma), ofrece, dende dúas perspectivas diferentes, un retrato que saca das sombras a figura humana e literaria de Moledo.
Urbano foi un escritor en lingua galega polifacético, baixo o claro influxo do ideario estético das Irmandades da Fala, que publicou, con desigual fortuna e interese literario, un poemario ("Dolmen", 1928), influenciado por voces como as de Cabanillas e Amado Carballo, e escribiu dúas novela curtas ("Maruxa" e "Francisco José", en castelán, inédita). Mais foi, sobre todo, un escritor cunha gran vocación teatral, manifestada dende 1921 tanto como actor, director e autor de media ducia de pezas (inseridas na tradición rexionalista da época e destinadas a ser representadas polas agrupacións de coros e cadros de declamación das parroquias viguesas e de vilas da provincia) e, mesmo, dunha zarzuela "O Pirmeiro amor" con música de Ángel Teijeiro, estreada no Teatro García Barbón.
Moledo foi, tamén, activista sindical, comprometido precozmente coas Juventudes Socialistas de Marín (a súa vila natal) e, despois residindo en Vigo, durante a República, como dirixente de UGT, ademais de manter unha posición ideolóxica na que se vencellaba a dobre vertente galeguista e socialista ("marxista"). E, ademais, Urbano foi un grande animador societario e cultural no concello de Lavadores, onde presidiu o Ateneo Deportivo Obreiro, entidade na que dirixiu o cadro de declamación "Máximo Gorki", que interpretaba, co mesmo entusiasmo ca precariedade de medios, algunhas das súas pezas dramáticas.
Esta actividade cívica provocou a súa detención, xunto á doutras vinte e cinco persoas, tras o asalto realizado o 22 de xullo de 1936, por parte de membros da resistencia popular, ao chalet que Estanislao Núñez tiña no Seixo. O coñecido empresario da litografía da conserva foi asasinado polos asaltantes, o que foi utilizado politicamente polas autoridades militares. Segundo relata Rexina Vega, tras un consello de guerra, celebrado sen garantías procesais ningunhas no edificio do cárcere da rúa Príncipe, Urbano foi sentenciado a pena de morte o 26 de novembro de 1936, culpado por ser "Presidente de la Sociedad Comunista Ateneo Cultural de Lavadores, en cuyo local se repartían armas a los revolucionarios" [así reza o auto]. En realidade, Urbano, membro daquela fraternal e benévola irmandade do galeguismo cultural da República pagou coa súa vida por cometer o "delito" de escribir unhas traxedias aldeás para ser representadas por actores do teatro obreiro.
Idéntica sorte correron outros doce dos detidos, Manuel Moreda Outeiral, José Moreda Vázquez, Constante Moreda Vázquez (os tres da mesma familia, acusados José e Constante de preparar, dende o 21 de xullo, as barricadas da resistencia nos Choróns, logo no mercado do Calvario e despois no Seixo), Manuel Acuña Gómez, Luis Ferreira Viéitez, Luis Martínez Román, José González Andreu, Antonio Sayar Carrera, Manuel Núñez Álvarez, Fernando Lago Fernández, Fernando Costas Méndez e Rosa Rosendo Rodríguez. Todos eles foron, como Moledo, executados no Castro e enterrados no cemiterio de Pereiró.
O fusilamento destas trece persoas, hai setenta e un anos, permaneceu case oculto, sendo unha ferida de dor herdada para as súas familias. Hoxe, grazas os textos da escritora Rexina Vega, á esculca nos arquivos de historiadores como Gallardo e á teimosía cívica dos membros da "Asociación Viguesa pola Memoria do 36" podemos devolverlles a dignidade arrebatada escribindo os seus nomes no xornal que eles leron.
bretemas@gmail.com
COMPARTIR
 

Empleos

Community Manager

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 800
ver más

MANTENIMIENTO INDUSTRIAL - conocimientos soldadura

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

TELEOPERADOR/A De 15 a 21 horas

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 1.200
ver más

TELEOPERADOR/A TURNO DE TARDE

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: 1.200
ver más

Coches

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puer

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puertas, Gasolina, transmisiver más

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas,

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas, Gasolina, transmisión maver más

Venta de pisos

Piso en venta con 120 m2, 2 dormitorios en

Piso, con 120 m2, Buen estado, 2 dorm, 1 baños, 1 plaza(s) de garaje, cocinaver más

Ático en venta con 100 m2, 3 dormitorios en

Ático, con 100 m2, A estrenar, 3 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 4ver más

Piso en venta con 91 m2, 3 dormitorios en

Piso, con 91 m2, Reformado, 3 dorm, 1 baños, 1 armario(s) empotrado(s),ver más

Piso en venta con 65 m2, 2 dormitorios en Casco

Piso, con 65 m2, Buen estado, 2 dorm, 1 baños, cocina Amueblada, 1ver más

Piso en venta con 170 m2, 5 dormitorios en

Piso, con 170 m2, Buen estado, 5 dorm, 2 baños, Ninguna plaza(s) de garaje,ver más