farodevigo.es »

Tempo de Santos
 01:00  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
X.L. MÉNDEZ FERRÍN
A festa chamada de Halloween ou Hallowe´en, ritualizada con disfraces con motivos de meigas, carantoñas, fantasmas e todas esas cousas non era coñecida en absoluto polos mozos e mozas que admirabamos por volta de 1965 a película conmovedora de Robert Mulligan cuxo título en castelán correu como "Matar un ruiseñor". En inglés tratábase dun paxaro americano, e o traductor fixo moi ben en convertelo nun que todos identificamos con normalidade. Ora ben, un punto central da intriga do filme tiña como escenario a noite de Halloween da cal ninguén sabía cousa nesta que por hixiene dicía Castelao Hespaña, e nós Estado Español. Polo cal o traductor fainos sabedores de que a filla do inesquencíbel Atticus Flynch estivo nunha "Festa da vésperes de Todos os Santos" disfrazada de xamón. Non entediamos un aspecto do escenario, pero esta incomprensión parcial do contexto o director e a interpretación perfecta de Gregory Peck compensábana con talento. Podiamos vivir sen Halloween, en 1965.
Se ninguén sabía por aquí nada sobre Halloween, non debe extrañarnos. O que si que resulta chocante é que na Escocia, nai con Irlanda, polo menos aparentemente, do Halloween, ninguén estivera enterado en 1787 da existencia destas festas nas que as bruxas e os transnos andan tolos pola noite. Isto próbase polo feito de que Robert Burns, poeta nacional escocés, no ano citado do século XVIII vese na obriga de explicar as supersticións de Halloween aos seus contemporáneos; e moito polo miudo.
O que nos di claramente que a festividade das bruxas e dos espíritos é unha reivención recente tamén en Escocia e Irlanda. A Festa foi lanzada unha vez adoptada como "tópico situacional" polo cine e a televisión norteamericana, que impuxeron Halloweein ao mundo en catro patadas e o mundo obedeceu, como é regra, ao Imperio. En rigor, até onte mesmo, no universo anglosaxón Hallowe´en ou Halloween ou Allhallows era só formas, e non as máis usuais, de designar a festividade realixiosa de Todos os Santos.
A noite de Halloween, do 31 de Outubro ao 1 de Santos, recibe en irlandés moderno, incluido o gaélico de Escocia, o nome de Samain. Aplícase (como en galego Santos) á festa de Todos os Santos e ao mes de Novembro. Do irlandés antigo Samana, a palabra, de raíz indoeuropea moi rendedoira significa orixinalmente algo así como "reunión, asemblea". Non sabemos se a reunión de Todo os Santos que van en plan Santa Compaña facendo machin-in animados pola voz augardenosa de Louis Amstrong ou ben da reaunión da parroquia dos vivos coa dos nosos defuntiños. O caso é que existe hoxe en Galicia unha corrente ideolóxica celtista que pretende que o Samain ou Samhainn ou Oidche Shamhna, lonxe de ser algo exótico e irlandés ou escocés, constitúe unha celebración auténticamente galega (por celta) e da cal xa se teñen, tendo Ortigueira como punto de irradiación, escrito e difundido unidades didácticas nas escolas.
Vexa como, no tempo dun alustre, un costume imposto polo imperialismo norteamericano (Halloween) se transforma nunha falsa tradición céltica galega. Ou sexa=dunha imposición a unha impostura.
COMPARTIR
 

Empleos

Administrativo dpto Producción (H/M)

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

Operario/a manipulación pescados con discapacidad

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

Operario/a manipulación pescados con discapacidad

Localidad (Provincia): Vigo (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

LIMPIEZA INDUSTRIAL ZONA PONTEVEDRA

Localidad (Provincia): Pontevedra (Pontevedra)
Salario: A negociar
ver más

Coches de segunda mano

Skoda Fabia Gasolina en Vigo

11.600€, año 2019, 5.000 kms. v.1.0MPI 75CV LIKEver más

Skoda Karoq Gasolina en Vigo

27.700€, año 2019, 2.000 kms. v.1.5TSI 150CV DSG Sver más

Skoda Fabia Gasolina en Vigo

10.900€, año 2019, 12.000 kms. v.1.0MPI 75CV LIKEver más

Peugeot 2008 Gasolina en Vigo

13.990€, año 2017, 33.000 kms. v.1.2 82CV PURETECHver más

Opel Astra Gasolina en Vigo

12.990€, año 2017, 25.000 kms. v.TURBO 1.4 125CVver más

Venta de pisos

Piso en venta con 115 m2, 3 dormitorios en

Piso, con 115 m2, Reformado, 3 dorm, 1 aseo(s), 1 baños, Ninguna plaza(s) dever mï¿?s

Piso en venta con 100 m2, 3 dormitorios en

Piso, con 100 m2, Buen estado, 3 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 2ver mï¿?s

Piso en venta con 101 m2, 3 dormitorios en

Piso, con 101 m2, Buen estado, 3 dorm, 1 baños, 1 armario(s) empotrado(s), 1ver mï¿?s

Estudio en venta con 33 m2, en Zona Areal,

Estudio, con 33 m2, Buen estado, 1 baños, 1 armario(s) empotrado(s), Terrazaver mï¿?s

Piso en venta con 174 m2, 4 dormitorios en

Piso, con 174 m2, Reformado, 4 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje, 1ver mï¿?s