Cinema
«As liñas descontinuas», no top 3 da carteleira galega

O equipo do filme "As liñas descontinuas". / Carlos Pardellas

A longametraxe galega «As liñas descontinuas», rodada en Vigo e Marín, escrita e dirixida pola marinense Anxos Fazáns, entrou no top 3 das estreas nos cinemas de Galicia, só por detrás de «Greenland 2» e «El agente secreto».
Segundo informan fontes da produtora da película -que logrou dous premios no Festival de Cine de Gijón- «nesta primeira semana, a cineasta e o equipo acompañarán o filme en varias sesións por toda Galicia».
Onte luns visitaron os Multicines Norte de Vigo. Estivo Fazáns acompañada do actor Adam Prieto e da escritora Estela Gómez.

ADAM PRIETO, protagonista de As liñas descontinuas de Anxos Fazáns. / A.L.D.
O martes 24, estará presentando o filme nos cinemas Ponte Vella de Ourense. O mércores 26 (19.30 horas), o músico Nuno Pico será o encargado de acompañar á directora nunha sesión que se desenvolverá nos Cantones Cines da Coruña; mentres que o xoves 27 Fazáns acudirá aos Cinexpo de Pontevedra.
Rematará a semana acompañada do guionista Pepe Coira nos Códex de Lugo o venres 28.
Ademais, «As liñas descontinuas» está dispoñible nas catro provincias galegas en cinemas como osTamberlick, Multicines Norte, Cine Yelmo (Vigo); Ponte Vella (Ourense); Cinexpo (Pontevedra); Cine Numax e Multicines Compostela (Santiago); Codex Cinema (Lugo); Duplex (Ferrol), e salas doutras localidades de España como Cines Broadway, ScreenBox Funatic, Malda, Pequeño Cine Estudio, Cinebaix, La Dehesa Ponferrada, Odeon, Multicines, Abc Elx, Abc Gandia, Abc Park ou Cines Gorbeia.
- La otra represalia de EE UU contra España: el adiós al caladero de Boston para 70 pesqueros gallegos
- Cierra la cadena de panaderías Porto, con obrador en Vigo y media docena de despachos
- Álex Calvo, vigués residente en Dubái: «Lo único que escuchamos son ruidos, como fuegos artificiales»
- «Cuando un niño te abraza y llora porque te vas, no hay palabras para describirlo»
- Rías Baixas quiere congelar la producción de uva ante el desplome del consumo
- Vigo cierra al tráfico Torrecedeira desde y hacia Praza da Industria por la reconstrucción de un pozo
- Tres heridos en un accidente con cuatro coches implicados en la VG-20 en Matamá
- La RFEF contempla más renuncias de sedes para el Mundial 2030: Vigo y Valencia ganan enteros para estar presentes en la cita