«A nova xeración profundiza menos nas letras»
«A xunta faise autocampaña con fondos públicos; é corrupción. Cando dás a dedo a un festival o tripe que lle dás aos outros», denuncia Jásper, de Loita Amada, que vén de publicar novo álbum e de actuar no TerraFest en Xenebra.

Loita Amada, ao completo. | L.A.

«Resistir é vencer» foi o título escollido para o álbum. Ten que ver coa situación de Palestina, cos tempos en xeral que corremos?
Unha reflexión que fixemos como banda dun tempo a esta parte foi que dende a caída do Muro de Berlín dá a sensación de que só hai un gran bloque no mundo, o sistema capitalista. Parece que hai un desalento na resposta a outros mundos posibles. Parece que vivimos instalados no desánimo. Nós queremos afirmar que todo acto de resistencia, por moi pequeno que sexa, é unha gran victoria. O único camiño para poder vencer nestes tempos, nun tempo de febleza máxima, é exercer o noso dereito á resistencia. Palestina é un exemplo claro e Galicia, se falamos de Altri, co pobo galego manifestándose na rúa. Iso permite que o mundo avance e non nos coma o fascismo.
Comezan con «A indiferenza» que me lembra á Polla Records.
Aí temos unha voz moi especial, O da Gándara. Vendo o que acontece en Palestina pensamos que podemos facer, que máis podemos facer. Houbo unha desesperación absoluta vendo diariamente cadáveres agora e dende anos atrás. É unha ocupación militar. Nós temos un Parlamento Europeo, con representantes alí. Nós temos un papel político importante e dános medo esa indifereza cómplice que ten Europa. Por un lado, a colaboración co sionismo do Parlamento Europeo; por outra, a pasividade da esquerda europea que só se posicionou contra Hamás pero sen denunciar o xenocio
«O cambio» ten tamén unha mensaxe moi clara.
Nós non podemos vivir na roda do hámster, coa sensación de que nada vai cambiar, co pensamento de que non te mobilices, nin teñas desenvolve mento persoal propio, que te deixes atrapar polo traballo infinito, mal remunerado... Fronte a iso, tes que coller as rendas da túa vida, e a nivel colectivo hai que facer cousas. Se non fas nada, nada vai pasar. Hai que facer que as cousas cambien.
En «O voto», noto crítica ao sistema electoral.
Non nos satisface o sistema electora actual. É unha sorte poder votar, non pedimos a abstención. Hai xente que pensa que votando se fai revolución e a revolución non se fai votando. É importante estar nas institucións pero moito máis importante é estar nas rúas. Tamén facemos crítica aos propios votantes. Moita xente pensa votar a Vox como a salvación do mundo e ben se ve que pasa cando votas a extremadereita como Alvise, Vox, Milei en Arxentina, como pasou con Bolsonaro no Brasil ou Trump nos Estados Unidos. É xente que só quere facer cartos e que non van cambiar nada para ben. Cada persoa debe facer política a diario. Tamén criticamos a sectores da esquerda como o PSOE. Non vale con só dicir que os outros son os malos. Hai que lexislar na defensa do pobo, non en favor da banca. Se temos unha xubilación aos 67 en lugar dos 65 é por culpa do PSOE.
Pensa que os grupos actuais en xeral xa non son tan reivindicativos como hai dúas décadas?
Agora mesmo pérdese profundidade nas letras. As novas xeracións profundizan menos no que queren dicir. Nós poñemos esa profundidade que a outros grupos lles falta. Creo que é algo que o público demanda.
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- Calamar, pota, potón: ¿Quién pesca el qué, dónde y en qué condiciones?
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- Una odontóloga venezolana y su marido ingeniero hacen cola en el comedor social de Vigo al no poder convalidar sus títulos
- Galicia, entre las comunidades que permiten a más alumnos de ESO graduarse con asignaturas no superadas
- El doctor Pintado Albo, el ginecólogo que trajo al mundo a miles de vigueses y al primer 'in vitro'
- Un taxista de Vigo acepta dos años de cárcel por agresión sexual a una clienta
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex