Tania Llasera di a Manel Loureiro: «Pontevedra é máis bonita que Bilbo»
O escritor amosa a súa urbe á presentadora no espazo «A miña gran cidade» (TVG, 21.45 horas) | A comunicadora recoñece que é a primeira vez que está «realmente en Galicia»

Manuel Loureiro e Tania Llasera, de animada conversa pola cidade do Lérez. | CRTVG
REDACCIÓN
Esta noite, ás 21.45 horas, chega á TVG unha nova entrega de «A miña gran cidade», con Pontevedra como escenario e o escritor Manel Loureiro como anfitrión. A súa misión será convencer a Tania Llasera de quedar na cidade tras vivir con el catro experiencias moi persoais. Ela chega coa mente aberta: «É a primeira vez que estou realmente en Galicia. Só vin dúas veces e foi rápido, por traballo».
A primeira parada é na Praza da Ferrería. «Eu xogaba nesta praza, e coma min, miña nai e seu pai… temos moitos recordos aquí», comenta Loureiro. A súa intención é que Tania se sinta como unha nena outra vez, e para iso prepáralle millo para as pombas. A química entre ambos é inmediata: Manel báixalle unha flor da camelia e ela responde: «Contigo ata a fin do mundo».
Como sorpresa, Llasera remata vestida co traxe tradicional galego tras coñecer a Asociación Pola Vila, que lle interpretan pezas tradicionais galegas. «Eu non sei que teñen as gaitas que, de súpeto, vólvome celta», di.
Na segunda experiencia visitan o Centro Galego de Tecnificación Deportiva. «Esta é unha cidade moi vencellada ao deporte», explica o anfitrión. Alí, Tania coñece atletas como a campioa do mundo en dobre minitramp Melania Rodríguez ou o récord e España de xavelina en cadeira de rodas Gustavo Dacal e mesmo se atreve a probar o trampolín, non sen o seu humor tan característico: «Rompín a cama saltando o outro día. Son 95 quilos máis a gravidade…».
Na terceira experiencia pasean pola praza de Méndez Núñez, onde Manel lle conta que Pontevedra é coñecida como «a boa vila que dá de beber a quen pasa». «A verdade é que penso que é máis bonito que Bilbo», comenta Tania. Logo visitan outras prazas como a da Leña ou a da Verdura: «Coñecelas axuda a ver como era tempos atrás a cidade», engade. Xa no restaurante Trasmallo, Loureiro recoñece o reto: «Sendo ela vasca, levala a comer é un risco». Mais tralo éxito do marisco, o albariño e o peixepara o padal da presentadora, Loureiro respira aliviado e orgulloso, porque «os galegos non temos nada que envexar».
A última parada lévaos ao espazo artístico do Sanatorio, que Tania describe como «un lugar ecléctico e moderno». Despois, Loureiro acompáñaa ao seu estudio persoal, o «lugar secreto» onde escribe e á vida ás súas novelas supervendas.
- Muere un lucense de 78 años en la playa de A Lanzada
- Roban un coche en Vigo, lo empotran y el conductor, borracho y sin carné, se va a la terraza de un bar
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- Bruselas certifica la prórroga ilegal de la AP-9, pero el Gobierno insistirá en apelar
- Organizan una despedida sobre ruedas para Brais, el joven motorista de O Rosal fallecido ayer
- Davila 17/07/2025
- La tragedia en Sevilla pone el foco de nuevo en la seguridad laboral: 'Nos quejábamos, pero nadie hacía nada