Manu Tenorio: «Ao final vou acabar empadroándome en Santiago»
O cantante sevillano, invitado de hoxe en «A miña gran cidade» (TVG, 21.45 h), descobre a capital galega con Ortiga | «Estamos a cinco minutos dun dueto», confesa o convidado

Ortiga e Manu Tenorio, no mercado de abastos de Santiago. | TVG
REDACCIÓN
Un novo e divertido episodio do programa A miña gran cidade chega esta noite (21.45 horas) á Televisión de Galicia. Nesta ocasión, o artista compostelán Ortiga recibe o cantante sevillano Manu Tenorio para vivir catro experiencias únicas que farán que o andaluz quede completamente prendado de Compostela. Unha tarefa que, a priori, non debería ser difícil.
«Galicia é un dos meus lugares favoritos da vida», confesa Tenorio, un apaixoado do Camiño de Santiago. Porén, o seu anfitrión ten preparado un itinerario moi persoal afastado dos reclamos turísticos e os lugares máis recoñecidos da capital.
Tenorio, impactado de primeiras polo chándal e os lentes de sol de Ortiga, a quen describe como «un tío moi peculiar», logo fará bo caldo co seu anfitrión. Co reloxo xogando na contra, xa que só teñen unha hora para realizar todas as actividades, Ortiga e Tenorio arrancan a súa aventura no bulicioso mercado de abastos. Alí non pasarán desapercibidos e sacarán fotos cos curiosos e mesmo recibirán piropos varios dalgunhas veciñas.
Manu Tenorio lembra con agarimo os días nos que acompañaba a súa avoa ao mercado de Triana e recoñece o seu amor polo queixo galego, punto en común co picheleiro: «Encántame, envíanmo polo Nadal!».
Sobre a súa experiencia en OT, asegura que foi das mellores da súa vida, cun «pouso moi bonito e imborrable que acaparou varias xeracións». Tamén haberá tempo para a retranca coa lembranza da famosa «cobra» de Bisbal a Chenoa: «Non son herpetólogo, pero cando o vin dixen: ten pinta de cobra», comentou Ortiga.
A segunda parada é na Chantadina, unha tasca emblemática do barrio de Sar, coñecido pola súa fermosa colexiata. Ortiga, cun toque de humor, explica: «Aquí comecei a dar o catecismo, pero cando me veu o uso de razón cambiei o catecismo pola Chantadina». Entre tapas de tortilla e fabas, Tenorio quedará conquistado pola gastronomía local: «Estamos a cinco minutos dun dueto como sigamos a este ritmo».
O seguinte destino é O Bochinche, no barrio de San Pedro, o local predilecto de Ortiga dende hai moitos anos. Tras tomar croquetas de panceta e polbo, Tenorio parece conquistado: «Ao final vou acabar empadroándome en Santiago». Ortiga pensa que o seu convidado é «xa practicamente galego».
Finalmente, a visita remata no Estudio 54, un emblemático local especializado en guitarras polo que pasaron artistas como Leiva, Loquillo ou Mick Thomson de Slipknot e ao que Ortiga leva indo dende os 13 anos. A sorpresa final será a aparición da icónica Pili Pampín.
Ao remate, Tenorio animarase a cantar un tema diante dos seus dous novos amigos. Pero acabadas as catro experiencias, Tenorio terá que tomar unha decisión. Queda en Santiago ou colle o billete de volta?
- José Abellán, cardiólogo: «Para saber si has descansado bien el indicador más fiable es cuando terminas de comer»
- Alumnos sin disciplina que no se esfuerzan ni respetan al docente tensionan las aulas
- Cuidado con el melón este verano: los expertos piden dejar de comerlo por este motivo
- «Le invitó a cocaína y lo violó»: ratificada la condena por agresión sexual y robo a un joven en un parking de Vigo
- El pueblo gallego que no tiene turismo: playas vírgenes y está declarado Conjunto Histórico-Artístico
- Dimite en bloque la ejecutiva del PSOE de Salceda y sus dos concejales por desavenencias con la agrupación provincial
- El consejo de José Manuel Felices, médico y profesor universitario, para dormir mejor: «No necesitas pastillas ni ASMR»
- ¿Qué son las cataratas, como se detectan, qué molestias producen y cómo se tratan?