in memoriam

O Santa Mariña despide ó seu patriarca

REDACCIÓN

Vigo

O día máis triste na vida do Santa Mariña. Humberto Gómez Pardo, o home que xoñou o clube da parroquia de Cabral, que o cuidou e impulsou durante toda a vida morreu onte os 96 anos de idade.

Humberto naceu na Habana, no ano 1929 fillo dos emigrantes Teodoro, lugués de Chantada, e Amelia, viguesa da rúa Magallanes. A parella regresou da emigración con Humberto no colo para instalarse en Bilbao, pero a saudade tiró deles para regresar a terriña e fijar a residencia familia en Cabral, no lugar coñedido como a Costa do Graña, que está ao pasar a ponte do antigo tranvía de O Porriño cara a Feira.

A primeira escola de Humberto é a pública do barrio do Sello para pasar máis tarde a privada do coñecido mestre e pasante de notaría da Penís José Otero. Cando tiña doce anos é reclamado por uns tíos que viven en Madrid que lle abren as portas do Banco Banesto compaxinando traballo e estudos para regresar a Vigo anos despois onde se incorporará a sucursal que tiña o banco na rúa do Príncipe.

Humberto nunca practicou o fútbol, pero tampouco puido resistirse a atracción que este deporte radia sobre a sociedade sendo moi difícil abstraerse a súa influencia e dende moi novo o fútbol esperta nel unha gran paixón sendo asiduo espectador do Deportivo Cabral, Turista, Gran Peña e Celta.

Corría o ano 1947 cando un grupo de mozos da Costa do Graña, liderados por Humberto Gómez e outro do Alto da Igrexa , agrupado arredor de Fernando Gallego e Manuel Caride, despois dunha longa reunión chegan ao acordo de crear un potente equipo que levará o nome da patroa de Cabral unha vez que o ábade Angel Rueda Trigo dera o consentimento. Malos ventos sopraban para o Deportivo Cabral, anos de represión e por motivos políticos a directiva toma a decisión de rematar a actividade deportiva ante os problemas extradeportivos.

Ante o grave problema da desaparición da única entidade deportiva federada da parroquia, o Santa Mariña faise cargo do Deportivo Cabral pero xestiona ante a Federación Galega o cambio de nome chamándose a partir dese momento Unión Deportiva Santa Mariña de Cabral, con escudo na camiseta de cor vermella deseñado polo crego nativo en Rinxela, Jesús Hermida. O entusiasta Humberto Gómez é o secretario da primeira xunta directiva. Durante máis de corenta anos separados en dúas etapas (1947 a 1966 e 1973 a 1992) foi directivo é presidente pero sobre todo foi o salvavidas para que o Santa Mariña non naufragase nos temporais ós que tivo que enfrontarse. Moitos desapareceron naqueles anos duros, de escasos medios. Son moitos os títulos conquistados estando Humberto ao fronte do Santa Mariña pero non hai dúbida que o máis importante foi ver cumprido ese sono de toda entidade deportiva: ter instalacións propias.

A súa xestión e a do seu equipo permitiu que a alcaldesa Enma González Bermello firmara a cesión dos terreos de Cotogrande e así a Unión Deportiva Santa Mariña, inaugurou en 1883 a súas instalacións despois de que uns poucos sufridos veciños a pico e pala levaran a cabo os traballos para que centos de nenos e moxos puidesen adestrar e xogar ó fútbol en Cabral. Unha xesta que quedará na historia da parroquia.

Na súa vida Humberto recibiu multitude de agasallos e recoñecementos que deron valor o seu traballo e a súa entrega. Presidente de Honra do Santa Mariña, Medalla de Ouro ó Mérito Deportivo da Federación Galega e sobre todo a homenaxe de Cabral a través do movemento veciñal da parroquia que en 1993 chantou pedra de memoria en Cotogrande en recoñecemento ós moitos anos de traballo deportivo por ese pedaciño de terra que o acolleu cando aínda era un cativo.

Tracking Pixel Contents