O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, pretende levar adiante a creación dunha rede de vías verdes na provincia de Pontevedra unha vez chegue ao goberno da Xunta de Galicia.

Así o manifestou na xornada de onte nunha visita ao concello de Caldas de Reis, onde destacou que esta rede de vías verdes abranguería dende a área de Vilagarcíade Arousa á área de Vigo, para o que se aproveitarían as vías do tren en desuso.

"Este proxecto ten que estar liderado pola Xunta de Galicia que até o de agora foi a 'rebufo' doutras administracións e participou de mala gana e tarde, como é o caso do treito entre Vilagarcía de Arousa e Portas, pendente de rematar precisamente polo desleixo e falta de iniciativa da Xunta do Partido Popular", sinalou.