Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

As prazas da Escola de Letras da Deputación esgótanse en media hora

Crece a lista de espera para participar no segundo obradoiro deste proxecto cultural

As prazas da Escola de Letras da Deputación esgótanse en media hora

A nova Escola de Letras que promoven a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia arrancou onte cunha excepcional acollida, de tal xeito que en hora e media esgotou as prazas do seu primeiro obradoiro, para o que segue a crecer a lista de espera. Esta resposta amosa, en palabras da presidenta da institución provincial, Carmela Silva, que "esta Escola era unha necesidade" e, neste senso, apuntou que a Deputación pensa xa en "reforzar" o proxecto de cara ao futuro. "Quero dicirlle á xente que manteña a ilusión porque haberá posibilidade de participar", subliñou.

A Editorial Galaxia, encargada da xestión das inscricións, xa recibira un aluvión de correos electrónicos amosando o interese de moitas persoas polas actividades da Escola, e que se viu materializado cando media despois que se activase o enderezo electrónico para formalizar as solicitudes, se esgotaron as quince prazas existentes, adxudicadas por rigoroso orde de entrada. Polo momento xa hai tamén máis de trinta as persoas en lista de agarda.

Compartir el artículo

stats