La LXVII edición do Concurso de Maios e Embarcacións, que organiza o Ateneo Santa Cecilia estivo marcada pola situación de alerta sanitaria e confinamento da poboación decretada polas autoridades. A xunta directiva do Ateneo Santa Cecilia mirando a imposibilidade de realizalo concurso polas rúas e prazas do pobo e querendo cumprir con esta tradicional cita coa cultura, aprobou realizar un concurso online.

54 debuxos e 24 coplas presentadas cumpriron gratamente coas expectativas postas nesta singular edición. Contando coa colaboración de Tropa de K e mediante o hastag #osmaiostocannacasa, participouse activamente e como público da festividade do 1 de maio nas redes sociais, onde particulares subían e facían chegar fotos e vídeos de maios feitos ó xeito tradicional, con flores, con materiais reciclados, etc.

Santa Cecilia agradece, pola súa implicación na conservación das tradicións da nosa terra ao CEIP O Sequelo, CPR San Narciso, Maio San Xulián, Maio Landeiras, e a todas aquelas persoas que colaboraron nesta presente edición a través de redes sociais, e tamén a concelleira de Cultura Beatriz Rodríguez.

O resultado do LXVII Concurso de Maios e Embarcacións 2020, é o seguinte: Na categoría de Coplas de embarcación o gañador foi: Xiana", de Roi Rodiño Fraguas; seguido de "Cachirulo", de Carlota Díaz; e "Chuvias", de Xoel Sequeiros Paz.

En Coplas de maior gañou "Cantiga para o maio da bruxa", de Paola Rosales Grandal; e a continuación "Maio dos Cativos", de Breixo Sanjorge Boullosa; e "Maio Tristeiro" de Elva Pintos Omil.

En Debuxos cateogoría A: "Maio de Pampillón", de Vera Dopazo; "Maio Adiviño", de Breogán Gutiérrez; e "Maio Carmen", de Carmen López. Categoría B: "Barco Cachirulo", de Elva Pintos; "Maio Valentes", de Daniel Quintana; e "Dorna", de María Moldes Entenza.

O accésit foi para "Maio Sanitario", de Candela Bermúdez Santiago. Tódolos nenos e nenas que enviaron traballos recibirán un diploma de participación, e os gañadores recibirán o seu premio dinerario cando se levante a alerta sanitaria.

Día das Letras Galegas

Por outra banda, con motivo da celebración das Letras Galegas o vindeiro 17 maio, o Ateneo pon en marcha un encontro virtual para darlle voz á literatura galega.

Aínda que A Xunta de Galicia e A Real Academia Galega pospuxeron a súa celebración para o mes de outubro, o Ateneo Santa Cecilia quere realizar algo conmemorativo na súa data. Pide aos nenos, pais e avós que graven un vídeo ou audio lendo ou recitando unha obra de calquera escritor galego e subilo ó Facebook do Ateneo co hastag #asletrasdoateneo, ou envialo por whatsApp ó 698 171 276.