Non é doado evitar que caia alguna bágoa á hora de lembrar a infatigable vontade de milleiros de profesionais que se mantiveron en primeira liña de batalla durante o pico da dura crise do coronavirus. En Pontevedra, o seu labor fixo posible o logro de poder pasar á fase 1 dende o luns, o de ter baleirado de pacientes de Covid-19 prácticamente todos os hospitais da área sanitaria e mesmo o de que Susana Arbilla, unha veciña, conseguise ver a luz tras 51 días. O Concello pontevedrés ríndelles homenaxe agora cun emotivo vídeo que recolle as súas imaxes con agradecementos.

Sanitarios, policías, farmacéuticos, servizos de limpeza, carteiros, fotógrafos, carniceiros, repartidores, comerciantes, xardineiros..., "a todos os que coidastes de nós sen descanso, vencendo os nosos medos, con orgullo e humildade, grazas". Esta é a mensaxe que o consistorio da Boa Vila lles envía a cada unha das personas que se deixaron a pel con "profesionalidade" para sacar ao pobo do pozo.

EN DIRECTO

Coronavirus en Galicia: última hora

Sigue las noticias sobre la incidencia de la pandemia del Covid-19 en la comunidad

Sen esquecer que a guerra aínda non rematou, esta campaña eríxese baixo o nome de #PonteLovers, pero tendo por bandeira o #sentidiño que hai que demostrar "agora na rúa". De feito, a área sanitaria conta hoxe con 5 casos activos máis ca onte (147). Con todo, xa son máis de 664 os cidadáns que recibiron a alta. En total, perderon a vida 16 persoas.

Miradas que o din todo, sorrisos, tensión, confianza, emoción e escepticismo reflicten cada un dos rostros filmados nesta peza, simplemente "porque o voso traballo é amor e o amor non entende de distancias". Unha química necesaria para que canto antes regresemos a esa tan ansiada "nova normalidade".