07 de mayo de 2020
07.05.2020
Faro de Vigo

Premios del certamen "Ben Veñas Maio"

07.05.2020 | 02:07
Premios del certamen "Ben Veñas Maio"

O xurado do Certame Ben Veñas Maio fallou os premios nas distintas categorías que puideron manterse a pesares da crise sanitaria. Non se puideron celebrar nin o certame musical nin a semana de teatro.

A relación de premiados foi a seguinte: No XXVII Certame de banda deseñada, ata 14 anos: Primeiro premio:Rexurdimento, Miguel Bouzas Rodríguez, IES Torrente Ballester.

Na XXVII Certame de narración curta. Primeiro premio: Xaquín e asociados. Nerea Redondo Areán, IES Torrente Ballester; e segundo premio -ex aequo: O club dos amorosos. Alfredo Fernández Marques, do Sánchez Cantón, e O bisavó. Anxo Rodríguez Álvarez, IES Torrente Ballester; O garda dos castros, Manuel Salgado Lafuente, do IES Torrente Ballester. Na categoría B: Primeiro premio: O bico. Nee Barros Fernández , IES Frei Martín Sarmiento; e segundo premio -ex aequo-: Dezaoito minutos e trinta e sete segundos. Andrés Pardo Carballo, IES Torrente Ballester; A bufanda de cores. Cristina de Castro Gómez, IES Valle Inclán.Na XIX Certame de poesía o primeiro premio: Transitividade, de Alfredo José Fernández Marques, del IES Sánchez Cantón. Categoría B: Primeiro premio: H2O Pinga. Mariña Maceiras, do Sánchez Cantón; e segundo: Nacemos do que arde. Mario Elías Blanco Boullosa, do Torrente Ballester; e Son Penélope, Sheila Justo Cabaleiro, IES Valle Inclán. No certame de fotografía gañou Que tire a pedra quen estea libre de culpa, de Carolina Munáiz.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


FaroEduca