03 de mayo de 2020
03.05.2020
Faro de Vigo

Un total de 24 obras aspiran a facerse co certame literario "Pinto e Maragota"

Organizado polo concello de Pontevedra, da visibilidade á diversidade sexual

03.05.2020 | 02:14
Un total de 24 obras aspiran a facerse co certame literario "Pinto e Maragota"

Un total de vintecatro obras aspiran a facerse co I Premio Literario Pinto e Maragota, organizado pola Concellería de Igualdade de Pontevedra en colaboración coa editorial Edicións Xerais para visibilizar, reivindicar e digni?car a diversidade sexual e de xénero.

A responsable do departamento municipal, Paloma Castro, avanza que a peza literaria gañadora do galardón darase a coñecer "nunha data arredor do 28 de xuño, coincidindo coa celebración do Día do Orgullo LGTBI".

Aínda que a Concellería abrira unha vía telemática para a presentación dos traballos, de xeito que se puidesen entregar dun xeito seguro, e o prazo de entrega xa se pechou o pasado 23 de abril, agardouse unha semana máis pola chegada dos orixinais que se tivesen enviado ao Centro de Información á Muller (CIM) mediante correo ordinario. Pechada a fase de inscrición, o resultado é, como sinala Paloma Castro, "máis que satisfactorio para unha primeira edición dun premio literario como este, cunha temática tan concreta".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


FaroEduca