01 de mayo de 2020
01.05.2020
Faro de Vigo

Sanxenxo pone en marcha a recollida de expresións propias para o Día das Letras Galegas

Poderase participar na actividade dende o 1 de maio ata o 11 enviando as frases por mail

01.05.2020 | 01:34
Sanxenxo pone en marcha a recollida de expresións propias para o Día das Letras Galegas

A Concellería de Cultura está artellando unha actividade diferente con motivo do día das Letras Galegas debido á situación de confinamento e distanciamento social aos que obriga a alerta sanitaria decretada polo Covid 19. Sanxenxo terá que renunciar este ano a gran parte das actividades previstas durante o mes de maio que se organizan baixo o paraugas do programa de dinamización lingüística Sanxenxo Fala, pero o departamento dirixido por Paz Lago proponse recoller, promover e dar a coñecer a lingua a través de expresións propias, refráns e incluso imaxes de manifestacións culturais ou artísticas.

Deste xeito, o departamento de Cultura anima á veciñanza de Sanxenxo a participar nesta actividade dende o 1 ata o 11 de maio enviando as súas frases ou imaxes ao correo electrónico culturaterra@sanxenxo.org ou a través dun whatsapp ao móvil 639 723 588 (habilitado só para esta actividade). Coas expresións e fotos que cheguen á Concellería de Cultura elaborarase un vídeo conmemorativo con motivo das Letras Galegas que se difundirá nas redes para axudar a crear, lembrar, vivir, soñar, emocionar, festexar e sacar o mellor de cada un de nós. "O obxectivo é que non se perda un tesouro tan valioso para a nosa cultura. As expresións e refráns populares galegos son cada vez menos usadas e coñecidas sobre todo nas xeracións máis novas", asegura a concelleira de Cultura, Paz Lago.

En canto ás outras iniciativas que se levaban a cabo en anos anteriores, algunhas como o Concurso de Maios organizado polo Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo se transformará este ano nun video recopilatorio de edicións anteriores. Manterase na programación o Concurso Picariños e búscase nova data no mes de setembro para o III Concurso de Música Tradicional Soalleira.

Cultura destaca o acerto dun programa como Sanxenxo Fala no que se recolle, promove e se da a coñecer iniciativas de distintas asociación e entidades culturais do municipio en defensa la lingua galega. "E una magoa que este ano non se poida celebrar e expoñer toda a actividade que as distintas asociación e colectivos de Sanxenxo realizan en prol da lingua galega", apunta a concelleira Paz Lago.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


FaroEduca

LA MEJOR INFORMACIÓN, CERCA DE TI


FARO te ofrece un nuevo servicio de pasatiempos y juegos online

Disfruta desde tu ordenador o tu móvil de más de un centenar de retos como crucigramas o sudokus