A alerta sanitaria tamén obriga a trastocar o programa "Ben veñas, maio," pensado para promoción da creatividade da mocidade en lingua galega entre os institutos do concello.

A Concellaría de Normalización Lingüística organizadora dos certames en colaboración cos centros de ensino acordou suspender a XXIV Semana de Teatro e o XX Certame musical, pero o resto de convocatorias seguen en marcha. Trátase de propostas adicadas a videoclips, curtametraxes, fotografía...