24 de febrero de 2020
24.02.2020
Faro de Vigo

Rosalía de Castro, sorprendida que aínda non haxa igualdade plena

A poetisa visitou esta mañá o Pazo Provincial. Carmela Silva incide na vixencia do seu pensamento ao recibir á escritora galega, á que deu vida a actriz Tero Rodríguez

24.02.2020 | 16:55
Rosalía de Castro, sorprendida que aínda non haxa igualdade plena

O Pazo Provincial recibiu onte, no Día de Rosalía, a visita da mesma poeta, encarnada pola actriz Tero Rodríguez, á que acompañou Modesto Brocos (ao que deu vida Lucho Penabade, co que forma Os Quintilláns). A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da deputada de Cultura Victoria Alonso, recibiu á escritora galega máis universal, que amosou a súa sorpresa porque no século XXI a muller aínda non teña acadado a igualdade plena co home.

O músico Pepiño Orjais, que interpretou no acto un tema dedicado á "Nai Rosalía", tamén se sumou á celebración na que Carmela Silva incidiu na vixencia de Rosalía, unha muller que "amaba a súa terra e a xente da súa terra, e denunciaba as inxustizas que padeciamos como pobo, pero tamén tiña unha mirada optimista sobre Galicia", destacou a presidenta provincial.

De seguido, Silva recalcou o feito de que "o pensamento de Rosalía está sempre vixente" e citou como exemplo a súa crítica "á dureza das migracións" e o seu feminismo, que na actualidade seguen vixentes. "Hoxe temos que loitar contra esa barbarie que pretende negar que o ser humano é ante todo ser humano e que os valores da humanidade teñen que ser os que garantan que vivimos nunha sociedade", sinalou en alusión ás migracións.

A presidenta da institución provincial tamén lembrou que Rosalía de Castro foi unha feminista, como moitos dos seus escritos "deixan ver con claridade". Para concluír, subliñou como fixera na inauguración do ciclo de actividades que a Deputación dedicou á poeta, que no 24 de febreiro "celebramos o nacemento da muller que nos representa como pobo e que defendeu a nosa lingua, que temos que seguir reclamando como a que constrúe o pensamento auténtico do que nos sentimos tan orgullosas e orgullosos". Poucos lugares no mundo hai, lembrou, "onde unha muller sexa referente, e iso nos fai aínda máis auténticas".

Neste senso, Carmela Silva manifestou que "Rosalía é nosa pero é universal", antes de dar paso á escritora, quen se amosou "moi emocionada" por visitar unha institución como a provincial, onde "por primeira vez hai unha muller ao fronte", e onde "hai moitísimas mulleres con responsabilidades".

No acto, tanto ela como Modesto Brocos emprazaron a mudar o actual aspecto da Sala de Comisións, "chea de retratos de varóns, os presidentes" cun retrato de Carmela Silva feito "por algún pintor moderno". "Agora que temos unha presidenta propoño que esa imaxe tan viril se transforme e modernice", propuxo Brocos. "Cando pintei a Rosalía, sabía que estaba pintando a unha igual, e non cunha imaxe edulcorada", engadiu, lonxe da imaxe dos retratos femininos da época.

Relativo a esta cuestión, Rosalía sorprendeuse ao comprobar que aínda non existe a igualdade plena entre homes e mulleres no século XXI e repasou algunhas das críticas que neste eido tivo que aturar na súa época, mesmo as que dicían que non era ela quen escribía, senón o seu marido. "Veño a transmitir a necesidade de seguir loitando e de non parar ata que se consiga esa igualdade", manifestou, ao que Carmela Silva engadiu que hoxe "hai moitas herdeiras" que seguen o seu camiño .

Tras a súa recepción, Rosalía e Brocos visitaron algunhas dependencias do Pazo Provincial e o Edificio Administrativo da Deputación e posteriormente saíron ás rúas de Pontevedra para conversar cos veciños e compartir a súa poesía.

Namentres, no Concello, a Corporación municipal sumouse á conmemoración da efeméride cunha declaración institucional reivindicando o seu legado.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


FaroEduca

LA MEJOR INFORMACIÓN, CERCA DE TI


FARO te ofrece un nuevo servicio de pasatiempos y juegos online

Disfruta desde tu ordenador o tu móvil de más de un centenar de retos como crucigramas o sudokus