As actividades conmemorativas do Día de Rosalía continuarán maña, véspera do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, no Museo de Pontevedra. O Sexto Edificio acollerá unha sesión de contacontos ilustrados. Trátase dunha actividade para a que non se precisa inscripción e que está pensada para a público infantil e familiar, coa idea de que os nenos se acheguen á figura da célebre escritora.

Derradeiramente, o vindeiro luns a Deputación recibirá a "visita" da escritora Rosalía de Castro e do pintor e escritor Modesto Brocos. Durante a mañá ambos estarán en Pontevedra no Pazo Provincial e a súa contorna e pola tarde farán un paseo polas prazas e rúas de Vigo.