| O alumnado do IES Vilalonga participou na experiencia "21 Días co galego e +" que organizou a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Tratase dun programa educativo que ten dous obxectivos ambicioso no plano lingüístico, dunha banda procura o aumento do uso do galego como lingua de comunicación habitual tanto no tempo como nos ámbitos nos que se utiliza, e por outra, pretende que sexa unha experiencia de reflexión individual sobre a relación singular que cada participante ten coas linguas que coñece.