Tras a presentación dos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2020, o BNG de Caldas considera que estes son "gravemente lesivos" para o concello caldense, xa que, na opinión dos nacionalistas "supoñen un agravio cara a veciñanza".

A agrupación política apunta que estes orzamentos propostos polo Executivo autonómico "non avanzan na solución de ningún dos problemas" que ten na actualidade o concello de Caldas. Neste sentido, critican que "é revelador o caso do centro de sáude, xa que durante demasiados anos o PP afirmaba que o único atranco para a súa construción era a falta de terreos, pero tras a proposta feita por BNG e PSOE, tampouco contemplan partida orzamentaria propia para a construción deste equipamento".