03 de noviembre de 2019
03.11.2019
Faro de Vigo

Carme da Silva avanza que o BNG "defenderá que Galicia teña status de nación pesqueira"

A nacionalista insiste en que hay que apoiar a pesca artesanal e excluíla das cotas europeas

03.11.2019 | 03:53
Carme da Silva avanza que o BNG "defenderá que Galicia teña status de nación pesqueira"

"O BNG defenderá que Galiza teña status de nación pesqueira". Así o indicou onte en Poio a candidata nacionalista para as eleccións do 10N, Carme da Silva, nunha reunión con mariñeiros do xeito en Combarro. A nacionalista insistiu en que o sector pesqueiro é estratéxico para o país e alertou da necesidade de que Galiza poida negociar e tomar decisións por si mesma para defender os seus intereses en lugar de aceptar decisións lesivas que ata o de agora PSOE e PP asumiron "sen rechistar".

Urxiu a necesidade dunha voz galega que apoie a nosa pesca fronte ao abandono das forzas estatais. "En Madrid a pesca non é un sector estratéxico, pero si en Galiza, por iso cando negocian por nós, a centos de quilómetros, non nos defenden como deberían", subliñou, destacando que é preciso ser decisivos na política do Estado.

Avanzou que, nun Congreso sen maiorías absolutas, o BNG vai defender para Galiza "o status de zona altamente dependente da pesca ante a UE, porque iso permitirá obter máis fondos e máis cota de pesca para a nosa flota".

Da Silva fixo especial fincapé en que é preciso apoiar o xeito e a pesca artesanal e exixir, dunha vez por todas, que se exclúan das cotas europeas.

Indicou que a última decisión de Bruxelas de reducir o cupo de capturas da sardiña foi moi daniña para as embarcacións do xeito e do cerco con base en Combarro e Raxó, entre outras localidades galegas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL


Puerto de Marín

Seguimos trabajando duro. El presidente de la AP cree que la entidad resiste de forma muy razonable en un contexto convulso y apunta a la atracción de nuevos tráficos y la apuesta por las infraestructuras como líneas maestras

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


FaroEduca