Coincidindo co décimo aniversario do pasamento de Miguel Anxo Pazos, concelleiro de Deportes e patrón maior da confraría de San Telmo no seu día, o BNG local celebrará un acto na súa memoria o vindeiro 24 de outubro, a partir das 20 horas. A homenaxe consistirá nunha ofrenda floral no monolito que lembra a súa persoa. No acto estará presente o alcalde de Poio, Luciano Sobral, diferentes membros do partido nacionalista do concello e a familiar de Miguel Anxo Pazos.