Máis dunha trintena de actividades e programas para todos os tramos de idades dos centros educativos de Pontevedra poden ser xa solicitadas a través dos formularios dispoñibles no apartado de ensino da web snl.pontevedra.gal. Trátase da oferta especí?ca do Servizo municipal de Normalización Lingüística que xa lles foi trasladada aos equipos de normalización lingüística dos centros nunha xuntanza, á que asistiron 30 centros de infantil, primaria, secundaria, ciclos formativos e educación especial.

O catálogo reúne programas e actividades como Youtubeir@s, Enreguéifate, Club de Debate ou Correlingua; así como unha ampla oferta de exposicións e camiñadas.

Entre as principais novidades deste curso destacan dous obradoiros: Galiza Pop, impartido por Aquel-e, un dos youtubeir@s saído do programa co mesmo nome e que acumula máis de 2.000 seguidores na súa canle; e o de regueifa con Lupe Blanco e Con?scado, de Xandobela.