Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, contará o vindeiro 30 de novembro con Marful, e tamén estará no auditorio do Pazo Sabela Ramil, finalista da edición 2018 de Operación Triunfo, que actuará con eles en directo. As entradas están á venda en Ataquilla. Culturgal principiará o 29 de novembro e prolongarase ata o 1 de decembro.