Coincidindo en 2020 co centenario do nacemento dunha das figuras máis recoñecidas da música tradicional da comunidade galega, por iniciativa do BNG, o Concello de Cerdedo-Cotobade acordou darlle a Ricardo Portela a categoría de fillo predilecto, a título póstumo.

O vindeiro ano será un ano especial para honrar á figura do gaiteiro de Viascón, pois se visibilizará e proxectará a súa traxectoria persoal e artística con diferentes actividades ao longo do ano, nas que o Concello e colectivos culturais irán da man para poñer en valor ao mestre do toque pechado e proxectar no municipio o legado inmortal de Portela.