Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Lourenzo Fernández Prieto: "Despois de 20 anos falando das vítimas do 36 hai que preguntarse polos verdugos"

O Arquivo Provincial acolle mañá a presentación dunha obra na que varios investigadores afondan nas motivacións dos golpistas

Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago. // FdV

O Arquivo da Deputación será escenario mañá da presentación de Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo (Ed. Galaxia), unha obra coordinada por Lourenzo Fernández e Antonio Míguez que fai uso da metodoloxía histórica para afondar nun tema non moi estudiado: quenes foron os que tomaron as decisións no 1936 que eliminaron a unha parte significativa da poboación e desencadearon unha maquinaria xudicial e unha burocracia de represión.

- Nos últimos 20 anos teñense feito numerosos estudos e revisións sobre eses feitos históricos. Están moi investigados?

-Hai que partir que falamos dun tempo que é un pasado incómodo, algo que a última película de Amenábar demostra hasta qué punto. É un pasado do que temos unha foto fixa pero que é moi complexo: en 2 meses pasaron cousas que nunca pasaran e que ninguén imaxinara que poderían pasar. Dende o 36 ata hoxe houbo moitas maneiras de ver o pasado, incluso de non velo e olvídalo, tamén o sabemos. E dende hai 20 anos estamos nun ciclo que coñecemos como memoria histórica, onde se revisa moito o pasado, efectivamente, se buscan as vítimas (nós fixemos o proxecto Nomes e Voces), se recoñecen ás vítimas, asasinadas, perseguidas, mulleres rapadas, violadas... Que foran vítimas durante 70 anos pero ninguén se ocupara delas. E este libro da un paso máis: despois de 20 anos falando das vítimas hai que preguntarse de quen foron vítimas, preguntarse polos verdugos.

- Todo ten unha razón, incluso a matanza?

-Incluso, incluso a morte, porque parece que as cousas pasaron porque a xente se volveu tola. E por eso o libro enfócase nun aspecto que so dende fai moi pouco tempo se trata na historiografía española, que son os verdugos.

- Quenes foron os verdugos?

-Xa os coñecíamos a todos, só que non falabamos deles ( sorrí). Nun golpe de estado e nun golpe militar quen son os verdugos?

- Os mesmos militares

-Claro, os que o dan, pero cunha xerarquía. Hai quen toma as decisións e quen non pode tomalas. Bueno, pois algo tan simple e evidente coma esto está nos procesos que limos; limos varios miles de páxinas de procesos e causas xuidiciais e ahí está perfectamente recollido, ahí se pode ver, de ahí extraemos a documentación. Con esa documentación e con moita outra descubrimos un mundo que estaba diante dos ollos pero ao que non lle facíamos caso, porque a veces ter a información non chega para saber interpretala. Si a explicación do que ocurriu no la da a literatura, a ficción, Cela, Cercas ou quen sexa, acabamos tendo unha idea do pasado ficcionada, sin base material.

- As ideas máis repetidas sobre o 1936 son que houbo unha loucura colectiva, unha guerra civil de hirmáns contra hirmáns por envexas, vinganzas etc. Que houbo en realidade?

-O que intentamos explicar no libro ( sorrí), e que está no título: houbo un golpe de estado onde os golpistas se convertiron en verdugos. Como tiñan tan poucos apoios foi a única solución que tiveron naquela época (porque hai que situarnos naquela época: acababa de subir Hitler ao poder, dous anos antes un golpe de estado en Austria acabou nun mes co Partido Socialista, ao mes seguinte hai un golpe de estado en Grecia?), no 1939 quedan no mundo 15 gobernos democráticos, ese era o mundo no que ocorre esto. E como din as memorias do xeneral Latorre, un xeneral que fixo a Guerra Civil e dí "sen Hitler e Musolini nunca teríamos tido o que tivemos". Era un xeneral franquista, pero consciente e capaz de enterder o mundo no que vivía.

- Todo nos obriga a ir á caixa negra?

-Todo, todo eso nos obriga a ir á caixa negra, que é saber como puido pasarnos aquello, quen tomou as decisión, como puido pasar nunha sociedade como a actual, exactamente igual que a actual, unha sociedade na que non houbera I Guerra Mundial, na que houbera unha ditadura blanda que acabara coa dimisión de Primo de Ribera, na que se proclamara a República, na que sí que houbera tensión pero nada, nada, que non houbera en toda Europa, e nada que non coñeceramos nós na Transicición, por certo. Outra cousa é que logo para explicar o que pasa na guerra agrándense todos os problemas da República e da nosa historia anterior, pero tiñamos e temos un relato aínda bastante deformado (misturado entre intereses políticos, uso político do pasado etc) e os historiadores de forma modesta o que intentamos é ir ás fontes, ó momento, contextualizar e explicar algo que é demasiado complexo.

- O mundo, tal e como se coñecía, desaparece no 1936?

-Así é, o que ocurre é que o mundo que había desaparece, como ocurre en Alemaña, en Italia, e en moitos outros países de Europa e do mundo.

- Pero en países como Alemaña ou en Italia dase un proceso de limpeza e como resultado outra cicatrización?

-Son cousas que están diante dos nosos ollos pero ao mellor non sabemos explicalas. No ano 1945 todo o mundo do fascismo é derrotado nunha guerra mundial que acaba cunha bomba atómica, nada menos. E a España de Franco é capaz de resistir. A conciencia de que aquelo se acababa era interna e externa, pero era un réxime suficientemente intelixente, capaz, e con habilidade para resistir; e resistiu anos moi duros botándolle a culpa aos de fóra, e conseguiu saír daquela a partir do 51-53... Significa que os que perderon en Alemaña gañaron en España, e viceversa, polo tanto temos historias diferentes e formas de ver o pasado diferentes. É o primeiro que temos que asumir, difícil porque se falamos de Alemaña falamos do nazismo e da persecución dos xudeos, e se falamos de España falamos tamén do fascismo, do franquismo e duns golpistas que perseguen, asasinan e matan.

Compartir el artículo

stats