- Por que matan? So por razóns ideolóxicas?

-Matan por razón do golpe de estado, non por razón ideolóxicas só. En primeira instancia perseguen, asesinan e matan a quen ten o poder e llo queren arrebatar. E logo continúan con esa lóxica moito tempo e acaba convertindose nunha persecución ideolóxica, persecución que todos os que temos unha certa idade aínda coñecimos, nos aínda coñecimos un tempo no que non podías pensar. Pero a orixe daquelo non ten que ver co que a xente pensaba, no 36 á xente non a mataron polas ideas, mataronna porque era alcalde, xeneral, almirante, presidente da Deputación, dirigixente dun sindicato, deputado, por esas razón. Non porque lle caesen mal, porque se desatou a violencia ou porque había guerra, porque en Galicia non houbo guerra. Pois todo eso é o que intentamos documentar, explicar e argumentar, porque no fondo son cousas bastante simples, pero moi distintas a toda a complicación sobre a explicación do pasado que se nos foi convertido casi en mitoloxía.

- Os verdugos foron centos?

-Non, non, unha das cousas que atopamos e que aínda formulamos como hipótese pero que queremos demostrar é que os verdugos foron moitos menos do que nos dixeron. Aquelo foi tan tremendo, é tan tremendo cando un coronel fusila a un xeneral ou un capitán de navío a un contraalmirante, que sobre eso se crea unha gran mancha, unha enorme tinta de lura, esa idea de que todo o mundo se matou, de que todos eran irmans, de que todo foi unha guerra civil, foi unha construcción para ocultar as responsabilidades dos autores, dos verdugos. E estas responsabilidades están moi claras, son xerárquicas, teñen que ver cos golpistas e os nomes coñecemolos todos, entre outras cousas porque eran os nomes das nosas rúas. Para xustificar as mortes houbo informes, procesos, unha sensación de legalidade, con tribunais arbitrarios, ilegais, sumarísimos, nos que todo funcionaba como si fora verdade, pero era mentira. E todo eso danos un montón de información das razóns sobre por qué querían fusilar a uns. E por que algún non conseguían fusílalos e tiveron que pasealos, aplicarles a lei de fugas etc. Eso todo foi unha maquinaria que funcionou para perseguir, executar e continuar paseando xente durante moito tempo.