| Dentro do Festival Cantos na Maré, un total de 14 concertos levaranse a cabo na praza da Pedreira. Para dar comezo a un cartel cheo de novas propostas, onte a partir das 19.00 horas, déronse cita a galega Laura Lamontagne, a fusión de ritmos arxentinos e latinoamericanos con músicas de raíces africanas festivas de Vivi Pozzebon, á cantora, compositora e multiinstrumentista Bia Ferreira, que conquistou o Brasil co seu canto de resistencia antirracista e o galego Dj Mil e o mozambicano afincado en Londres que traeron un show cheo de hip hop, afro soul, enerxía e positivismo. Nesta mesma praza, pero na xornada de hoxe chegarán os proxectos innovadores de Livia Mattos, Zeltia Irevire, o proxecto Tierra Fértil, Assa Matusse, Brazil Dub e NaPalma, xunto con sesións DJ. No Pazo da Cultura actuará Mayra Andrade, de Cabo Verde, as 20.30 horas.